Fermín Bouza-Brey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fermín Bouza-Brey (Ponteareas 1901 - Santiago de Compostela 1973). Escritor galego.
En 1919 publicou o seu primeiro artigo, Teatro de antaño en Santiago en castelán. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923 e ao ano seguinte comeza a escribir pola primeira vez en galego co artigo Os estudantes ao arcebispo. Colaborador en revistas como Cristal, Resol ou Nós. Xuíz dende 1929, durante a Guerra Civil foi separado da carreira por galeguista ata que en 1938 foi rehabilitado como xuíz de Viella, para pasar despois á Estrada.
Ingresou na Real Academia Galega en 1941. Como poeta destaca por ser o iniciador do neotrobadorismo cuxa tendencia vai ser seguida, tamén, por Álvaro Cunqueiro ou Álvarez Blázquez.
Foi o creador do principal movemento vangardista galego , o Neotrobadorismo , do que a súa obra , Nao senlleira e a máxima representante xunto con Seitura.
[editar] Obra
- Cabalgadas en Salnés, 1925 (narrativa)
- Nao senlleira, 1933 (poemario)
- Seitura, 1955 (poemario)