Fiat CR.32
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fiat CR.32 | |
---|---|
Image:Fiat CR-32.jpg | |
CR.32 húngaro | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Fiat |
Primeiro vóo | Agosto de 1933 |
Construídos | Uns 1.100 |
O Fiat CR.32 foi un caza biplano italiano usado durante a Guerra Civil española e a Segunda Guerra Mundial. Fixo o seu primeiro vóo en agosto de 1933 e foi o principal caza de Italia durante os anos 30. Desenvolveuse a partir do CR.30, do que conservaba a estructura metálica con revestimento de tea e metal, pero era máis pequeno e máis áxil. Construíronse unhas 1.100 unidades deste avión.

Durante a Guerra Civil española foi o caza máis numeroso do bando nacionalista e dos seus aliados italianos. Os primeiros exemplares chegaron a Marrocos a comezos de agosto de 1936, pouco despois de iniciarse a guerra. En total chegarían 380 exemplares.