Florencio Delgado Gurriarán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras (Ourense), 27 de agosto de 1903 - Fair Oaks, California, Estados Unidos, 14 de maio de 1987). Escritor galego.
Faría estudos superiores na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista. Logra escapar da represión iniciada no Valdeorras polos sublevados en xullo de 1936, ata atinxir o Porto, Portugal, desde onde puido trasladarse a Burdeos, Francia, para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938. Nese mesmo ano accedeu á executiva do PG como Secretario de Propaganda ; trala Guerra Civil marcha ao exilio a México, país no que se estableceu definitivamente. Foi un dos fundadores da revista Vieiros.
Voltaría temporalmente á Galiza en 1968, 1976 e 1981. Foi membro non numerario da Real Academia Galega. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.
[editar] Obra
- Bebedeira, 1934 (poemario)
- Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. 1949 (en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández)
- Galicia infinda, 1963 (poemario)
- Cantarenas. Poemas (1934-1980), 1981 (poesía)
- O Soño do Guieiro. Opúsculos de poesía, 1986 (poemario)
[editar] Bibliografía
- Gurriarán Rodríguez, Ricardo, Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Sada. Ediciós do Castro. 1999