Folgosa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Lugar de Piñeira, Ribadeo, Lugo) Está documentada como Felcosa, palabra composta por dous elementos: Felc- e -osa.
O primeiro deles ven do latín Filix, 'folgueira'. O segundo é o sufixo abundancial -osus, o que nos da Filicosa. A primeira -i- de Filicosa ha de converterse en -e- por disimilación, quedando Felicosa. A -i seguinte pérdese pola súa proximidade á tónica, igual que salicarius > salgueiro. Logo a -c-, por suavización, evoluciona a -g-, como amicus > amigo, o que nos leva a Folgosa, 'lugar de moita folgueira'
Dun artigo de J.Mª Rodriguez