Fuenlabrada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fuenlabrada é unha poboación situada a uns 20 quilómetros ao sur de Madrid (España), na área metropolitana da capital. O nome de Fuenlabrada probablemente vén de Fonte Labrada, por unha fonte construida na actual Loranca, aldea precursora de Fuenlabrada xunto á de Fregacedos, cara ó século XII. É unha das principais cidades da área metropolitana de Madrid, na cal son importantes a industria e os servizos. É un dos municipios cunha poboación máis xove en todo o territorio español. Isto débese a un proceso de migración que tivo lugar nos anos 80, e á chegada de moitos xoves que procuraban vivenda, sendo así tamén a cidade moi castigada pola especulación inmobiliaria. En moi pouco tempo, a cidade pasou de ter 18.442 habitantes no 1975 a ter 196.318 a 1 de xuño do 2004. O seu crecemento foi espectacular, un 874,6 por cento.