Gambrinus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gambrinus é un lendario rei de Flandres, e o non-oficial santo patrón da cervexa ou das cervexarías, como Baco o é do viño.
A orixe do persoaxe, segundo se cre ampliamente, identifícase con Johan, Duque de Borgoña (1371–1419), que, segundo tamén opinan algúns, foi o inventor da cervexa con malta lupulada. Tamén un dos copeiros de Carlomagno se chamaba Gambrinus
A mención máis antiga do nome aparece no poeta alemán Burkart Waldis, que o menciona no ano 1543, explicando que Gambrinus aprendeu a arte cervexeira de Isis, a deusa da maternidade e da fertilidade no Exipto antigo.
Posíbeles etimoloxías latinas do nome apuntan a unha orixe en cambarus (adegueiro) e ganae birrinus (o que bebe na taberna). A Cervexaría Gambrinus de Plzeň, República Checa explica o nome como orixinado de Jan Primus (John primeiro), en referencia a Johan I, Duque de Brabante. Hai aínda outras teorías.
Gambrinus é a miudo representado con traxe de rei; vestido como un cabaleiro medieval, ou, menos correntemente, como un vello gordocho.
Dado o significado alegórico de Gambrinus, numerosas cervexarías ou compañías cervexeiras de Europa e Norteamérica teñen adoptado a súa imaxe (ou o seu nome) como emblema da súa marca de cervexa ou en carteis, etiquetas, etc.
Varias destacadas cervexeiras que levan o nome de Gambrinus ou usan a súa imaxe, son:
- Gambrinus Brewery, de Plzeň, República Checa.
- Gambrinus, de Mulhouse, Alsacia, Francia
- The Gambrinus Company , en San Antonio, Texas, USA
- Gambrinus Brewing Co., de Oshkosh, Wisconsin, USA.
- The Gambrinus Brewing Company, de Columbus, Ohio, USA
- A cervexeira española Cruzcampo, propiedade de Heineken Co., usa a imaxe de Gambrinus como emblema dos seus produtos.
Na cidade galega da Coruña ten dedicada a rúa Gambrinus, na que se ubica a factoría cervexeira Hermanos Rivera, que entre outras marcas elabora a cervexa Estrella de Galicia.