Gemma Nierga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gemma Nierga Barris é unha xornalista española nada en Girona en 1965. É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona.
Deuse a coñecer en 1984 como presentadora dun programa de cine en Radio Vilassar de Dalt. En 1985 pasa á Cadena 13 de Barcelona, tralo cal se incorpora a TV3 para presentar o espacio Dit i fet entre 1987 e 1989.
En 1987, ficha pola Cadena SER. Comezou como reporteira nun programa matinal, e máis tarde pasou ó horario nocturno onde se fixo cargo do coñecido programa Hablar por hablar, que nos seus comezos se emitía para as emisoras de Catalunya e, desde 1994 (e ata a actualidade con distintas presentaoras), para toda España. Tamén fixo na Cadena SER espazos culturais, de sucesos e de entrevistas, sobre todo dentro do programa informativo Hora 25.
En aquela época seguiu presentando en TV3 en diferentes programas:
Ademais, en 1995, presentou, en TVE, o programa El destino en tus manos e, en 1997, Hablando con Gemma en Telemadrid, Euskal Telebista e Canal Sur.
É Premio Ondas 1997 polo programa Hablar por hablar. Ademais é autora do libro do mesmo título, no que recolle experiencias vividas ó longo do espazo co que Nierga conseguiu facerse co liderado de audiencia na franxa de madrugada.
En 1997, trala saída de Javier Sardá fíxose cargo do programa La Ventana da Cadena SER, líder de audiencia na súa franxa horaria ata a actualidade. Con este programa conseguiu o Premio Ondas Internacional de radio 2000 pola tertulia de niños.
A raíz do asasinato do seu contertulio e amigo Ernest Lluch o 21 de novembro de 2000, pola banda terrorista ETA, foi obxecto dunha gran polémica cando na manifestación en repulsa polo crime fixo as seguintes declaracións: "Estou convencida de que Ernest, ata coa persoa que o matou tivera intentado dialogar: vostedes, que poden, dialoguen por favor".
En xullo de 2004, casou con José Antonio Cabanillas, teniente alcalde por Izquierda Unida (IU) na cidade de Córdoba, onde residen. É nai dun neno, Pau, que naceu o 28 de setembro de 2005.