Gota fría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A gota fría é un dos fenómenos meteorolóxicos peninsulares máis difíciles de predecir. Co inicio do outono, diversas zonas da península poden verse afectadas por episodios de choivas torrenciais asociados a denominada gota fría. A espectacularidade destas precipitacions, os daños que poden chegar a provocar e o abuso que moitas veces realizan os medios de comunicación do termo, provocaron en máis dunha ocasión unha confusión entre o concepto de gota fría e o de choivas torrenciais. Os meteorólogos aclaran que non todos os casos de gota fría desencadean fortes precipitacións, pero cando o fan é difícil predecir con exactitude onde, cando e con qué intensidade choverá.
Chubascos e tormentas de extraordinaria violencia, aínda que de pouca duración e que afectan normalmente a unha zona pouco extensa son frecuentes nas zonas costeiras do Mediterráneo, sobre todo entre os meses de setembro e outubro. Algúns producen grandes desastres, como o que provocou unha enorme crecida no río Júcar que rompeu a presa de Tous, ou os que inundaron cidades como Valencia, Alacante, Almería ou Tarrasa. Os meteorólogos soen explicar que a causa destas choivas torrenciais son as denominadas "gotas frías".
No caso de maior cantidade de choiva caída en pouco tempo é o de Gandía, na Comunidade Valenciana, na que en novembro de 1987 caíron máis de 1000 mm de choiva en 36 horas, dos cales 400 mm en menos de 6 horas.
Son máis frecuentes xunto ao Mediterráneo, pero tamén suceden noutros lugares. As grandes riadas que causaron importantes danos en Bilbao e noutros lugares do País Vasco foron tamén producidas por unha gota fría.
Índice |
[editar] Formación de la gota fría
A gota fría fórmase cando coinciden tres acontecementos: mar quente, atmósfera inestable na superficie e aire frío en altura. Cando o mar atópase a temperaturas altas, como o Mediterráneo ao final do verán que pode chegar a estar a cerca de trinta graos en zonas próximas a costa, desprende moito vapor de auga, como a auga quente dun baño ou dunha ducha. Se nesta situación chega unha borrasca ou unha fronte fría e hai unha bolsa de aire frío en altura, prodúcese unha situación de inestabilidade do aire superficial que aumenta conforme ascendemos. O vapor de auga, que o mar libera en gran cantidade, ascende arrastrado pola inestabilidade e se vai condensando ao encontrarse coa zona fría, formándose unha nube.
Esta nube pode ir agrandándose a gran velocidade porque o vapor ascendente encontra moita facilidade para subir o atoparse con zonas máis frías, e con este frío vai condensándose cada vez máis auga. En moi poucas horas pódese formar grandes nubes tormentosas, do tipo dos cumulonimbos, que ainda que non teñan unha gran extensión en horizontal, poden chegar a ter máis de dez quilómetros de altura. Estes cumulonimbos descargan unha forte chuvia, normalmente acompañada de grandes lóstregos e de sarabia.
[editar] Danos
Os danos que causa unha tormenta non dependen só da intensidade da chuvia. Nunhas ladeira con moita pendente, desprovista de vexetación, a auga corre moi rápidamente, arrastrando con forza o solo, provocando unha gran erosión. Si ademáis esta ladeira remata nun val pode formarse unha gran riada que arrastra con forza todo o que atopa. Na zona mediterránea española é frecuente que os cauces dos ríos permanezan secos moitos meses o ano e que sexan ocupados por cultivos ou edificacións, o que fai que nas grandes crecidas, os danos sexan maiores, por unha parte porque se destrúe o que estaba aí construido e, por outra, porque se impide a libre saída da auga e se fai maior a crecida.