Gran Premio de Italia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas cercanías de Monza, en Italia, ao norte de Milán.
O circuíto é recoñecido por acolle-lo Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe de trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. O récord actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto se bateu a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372,6 km/h, durante os entrenamentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.
O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5.793 km usado para os Grandes Premios, a pista Junior que se estende ao longo de 2.405 km, e un circuíto peraltado de velocidade de 4,25 km (Tamén coñecido como o Anel da Velocidade). Entre as principais curvas do autódromo poden salientarse a Curva di Lesmo, a Curva Parabólica e a Variante Ascari.
[editar] Historia
A pista orixinal foi construída entre os meses de maio e xullo de 1922 por 3500 obreiros, coa financiación do Milan Automobile Club, que creou a Società Incremento Automobilismo e Sport (SISA) para poder desenvolve-lo autódromo. Inicialmente, utilizouse un terreo de 3,4 km² cunha pista de 10 km de extensión, que se compoñía por unha sección de circunvalación de 4,5 km e outra de 5,5 km transitando rutas. A pista foi inaugurada oficialmente o 3 de setembro de 1922, e 7 días despois foi sede do segundo Gran Premio de Italia.
En 1928, o Gran Premio viuse embazado polo accidente máis grave do deporte automotor italiano, perdéndose a vida do piloto Emilio Materassi e 27 espectadores. Debido a isto, os siguientes Grandes Premios víronse confinados a sección do óvalo de velocidade ata 1932. Novamente ocorreron tres mortes en 1933, tralo cal o trazado foi modificado co agregado de dúas chicáns e a desaparición das rectas máis longas.
Entre os anos 1938 e [1939] realizáronse grandes refaccións, incluíndo a construción de novas tribunas e entradas, o reasfaltado da pista e a creación de dúas novas curvas. O trazado resultante, cunha extensión de 6,3 km, foi utilizado ata 1954.
Debido a guerra, as carreiras foron suspendidas ata 1948 e gran parte da pista viuse deteriorada pola falta de mantemento. Realizouse unha renovación durante dous meses, o cal permitiu que se disputase un Gran Premio o 17 de outubro. En 1955 modernizouse o trazado na súa totalidade, quedando o circuíto cun percorrido de 5,75 km e unha sección de 4,25 km de alta velocidade con curvas peraltadas.
Os Grandes Premios de 1955, 1956, 1960 e 1961 realizáronse en Monza, pero a traxedia volvería facerse presente neste último caso, coa morte nun accidente de Wolfgang von Trips e 11 espectadores. Isto fixo que se agregasen novas barreiras de seguridade, e que a zona de reaprovisionamiento de combustible se distanciase da pista aínda máis. As áreas de escape incorporaronse nas curvas en 1965 tras un accidente na carreira dos 1000 km, pero o trazado da pista non se volvería a modificar ata o ano siguiente, co agregado de chicáns na zona de curvas peraltadas.
Desde 1966, o circuíto acolleu carreiras de automóbiles e tamén de motocicletas, pero en ambos casos as altas velocidades que se alcanzaban levaron ao agregado de novas chicáns cara a 1972. As motocicletas, non obstante, continuaron utilizando o circuito rápido, ata que 5 mortes en dúas carreiras da tempada de 1973 forzaron a ausencia de dita proba ata 1981. As chicáns de 1972 resultaron ser moi ineficaces na reducción de velocidades, ata o punto de que unha de elas fue redeseñada en 1974, a outra en 1976, e unha terceira foi agregada nese mesmo ano, levando a extensión do trazado a 5,8 km.
As novas tecnoloxías permitiron acadar novamente altas velocidades, polo cal a pista debeu ser modificada substancialmente en 1979, co agregado de pianitos, zonas de escape e barreiras de cubertas. Aa infraestrutura foi mellorada en xeral, e realizáronse traballos adicionais sobre a seguridade do circuíto, todo o cal permitiu a volta do campionato mundial do motociclismo en 1981. Durante os 80, redeseñaronse os paddocks, boxes e tribunas.
Nos 90 os tres curvóns principais foron "apretados" para reducir velocidades, o cal levou a extensión do trazado a 5,77 km. No ano 1997, as tribunas modificáronse para levar a súa capacidade a 51000 espectadores.