Graz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Graz, cunha poboación de 285.470 habitantes (2006) é a segunda cidade de Austria e a capital do estado federado de Estiria, coas súas seis universidades e 40.000 estudantes, Graz ten unha longa tradición de cidade univesitaria. Percorrida polo río Mur. O cencello da cidade está composto por 21 mandatos do Partido Popular Austríaco, 15 do Partido Social Demócrata de Austria, 12 do Partido Comunista de Austria, 4 dos Verdes e 4 do Partido Austríaco da Liberdade. A cidade foi declarada Patrimonio da humanidade pola UNESCO.