Grilo (insecto)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Grilo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
Grilo (do latín grillus) é a designación común dos insectos ortópteros, suborde ensifera, que constituen a familia dos grilídeos, e que posúen, alén de longas antenas filisiformes, órganos auditivos para percibir os sons que producen coas súas ás anteriores ao frotalas.
Soamente os grilos machos poducen sons e fano para atraer as femias para a reprodución. Por tanto, os machos posuen unha serie de pelos nas bordas das súas ás, aliñados como pentes, e producen os sons rozando unha á contra a outra.
Así, cada especie produce un canto peculiar que varía coa época do ano, e que é máis intenso para atraer a femia e máis suave cando ela xa está presente e se inicia a fase do cortexo.
A femia posúe un longo órgano ovopositor característico. Estes insectos son omnívoros, pois comen tanto follas e talos como insectos. Cavan no solo orificios con até medio metro de profundidade que terminan nunha habitación circular. A entrada do buraco é mantida sempre limpa porque aí se constitúe a zona de canto do macho.
Existen perto de 900 especies de grilos ao redor do mundo, e moitas veces estes son confundidos cos saltóns, dos cales son ben diferentes aínda que aparentados.
Nalgunhas culturas os grilos son tomados como animais de estimación. Na China, o pouso dun grilo unha persoa significa moita sorte, e en varias partes do mundo son consumidos como alimento.