Gyula Zsengellér
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gyula Zsengellér | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Gyula Zsengellér | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 27 de decembro de 1915 | ||
Lugar de nacemento: | Cegléd, Hungría | ||
Data de falecemento: | 29 de marzo de 1999 | ||
Lugar de falecemento: | Nicosia, | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | falecido | ||
Posición: | Dianteiro Centro | ||
Altura: | 1,77 m metros | ||
Partidos internacionais: | 39 | ||
Goles: | 32 (selección) | ||
Ano do debut: | 1935 | ||
Clube do debut: | Salgótarjáni TC | ||
Ano do retiro: | 1953 | ||
Clube do retiro: | Deportivo Samarios |
Gyula Zsengellér foi un futbolista húngaro, e é unha das lendas do Újpest FC e da selección húngara, coa que quedou subcampión no mundial de 1938, amáis de se-lo segundo máximo anotador do torneo, só por detras do brasileiro Leônidas.
[editar] Clubes
Comeza a súa carreira no Salgotarjani TC, fichando logo polo Újpest FC en 1936. Ficaría neste clube once anos. En 1947 marcha cara Italia a xogar na Roma. En 1949 ficharía polo Ancona e remataría a súa carreira xogando dous anos, ata 1952 na escadra colombiana Deportivo Samarios.
Zsengellér xogou 325 encontros e anotou 387 goles na liga húngara entre os anos 1935 e 1947, cifras que o fan o terceiro máximo goleador da liga maxiar da historia.
Quedou máximo anotador da liga húngara en cinco ocasións 1938, 1939, 1943, 1944 e 1945. Dúas desas veces tamén foi Bota de Ouro, en 1939 e 1945.
A IFFHS nomeouno o sétimo mellor artilleiro de tódolos tempos, contando só os goles en campionato de liga.
[editar] Selección
Debuta coa selección o 2 de decembro de 1936 nun encontro contra a Inglaterra, onde Hungría caeu por 6-2. Co tempo chegaría a xogar 39 encontros e anotar 32 goles para os maxiares. É o oitavo anotador da historia da selección húngara.