Hawker Siddeley Harrier
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hawker-Siddeley Harrier | |
---|---|
Harrier da RAF, sobre Belice no 1982. | |
Tipo | Caza ataque ó solo |
Fabricante | Hawker-Siddeley |
Primeiro vóo | 28 Nadal 1967 |
Introducido | 1 Abril 1969 |
O Escadrón 1 da RAF convirteuse na primeira unidade mundial equipada operativamente con cazas VTOL ó convertirse o revolucionario Harrier en Xiño do ano 1969. O turbosoprante de empurre vectorial do Harrier permitelle operar dende pistas semipreparadas e desplega-lo en zonas avanzadas, lonxe dos vulnerábeis aeródromos. Tres escadróns da RAF Germany recibiron o Harrier, inda que un foi disolto por mor da falla de avións causa polo elevado índice de accidentes. Os Harrier foron despregados en diversas áreas da OTAN e combateron nas Malvinas. O GR.Mk 3, coa súa limitada carga útil e aviónica primitiva, foi reemprazado polo BAe/McDonnell Douglas AV-8B, chamado Harrier GR.Mk 5 pola RAF.
O Harrier foi un avión auténticamente decisivo que marcou a aparición do primeiro avión de combate STOVL, instancia para a que emprega un só turbosoprante cun cuarteto de tobeiras vectoriais para a distribución equilibrada do empuxe. O Harrier apareceu como resultado do prototipo P.1127 que voou por primeira vez en outubro do ano 1960. Fixeronse plans para desenrolar o P.1154 capaz de acadar Mach 2, pero este foi cancelado a favor do transónico pero máis barato Harrier GR.Mk 1 con motor Pegasus Mk 101 de 8.618 kg, posteriormente mellorado no Harrier GR.Mk 1A có Pegasus Mk 102 de 9.072 kg. O GR.Mk 1 comezou a entrar en servizo no ano 1969 e os 92 aparellos superviventes foron mellorados ó estándar GR.Mk 3 con maior potencia e proa revisada para instalar un telémetro láser e un procurador de brancos marcados.
[editar] Accións de combate
A maior experiencia de combate dos Harrier foi ó servicio Británico, isto aconteceu durante a "Guerra das Malvinas" onde se empregou tanto o Sea Harrier como o Harrier GR.Mk 3. O Sea Harrier, baseado no GR.Mk 3, tivo unha grande importancia nas actividades navais. Vinte Sea Harrier operaron dende os portaavións HMS Hermer e Invencible, principalmente para a defensa da frota. Inda que derrubaron 23 cazas arxentinos en combate aéreo (en parte por mor o emprego da novedosa variante do mísil americano Sidewinder e que os cazas arxentinos operaban en condicións extremas) non podían establecer unhs superioridade completa e previr os ataques durante o día ou a noite, ou parar os voos diarios dos transportes dos C-130 Hercules ás illas. Tres Sea Harrier foron derrubados por fogo antiaereo terrestre e outros tres por mor de accidentes, ningún foi derrubado por avións inimigos.
[editar] Especificacións
Tipo: Caza monopraza STOVL de ataque ó solo, de apoio preto e recoñecemento Hawker Siddeley Harrier GR.Mk 3.
Tripulación: Un piloto.
Construtor: Hawker-Siddeley
Ano: 1967
Principal usuario: Royal Air Force, Corpo dos Marines (USA), Mariña Española e a Mariña Real da Tailandia.
Envergadura: 7,69 m.
Lonxitude: 14,12 m.
Altura: 3,45 m.
Área alar: 18,68 m2.
Peso baleiro: 5.530 Kg.
Peso cargado: 7.830 Kg.
Planta motriz: 1 Rolls-Royce Pegasus 103 de 21.500 libras de empuxe vectorizábel.
Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm e 8.000 libras de bombas, foguetes, etc. en soportes ventrais e subalares.
Velocidade máxima: 737 millas/h
Alcance operacional: 520 millas