Henry Fairfield Osborn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henry Fairfield Osborn (Fairfield, Connecticut, 1857 – 1935) foi un paleóntologo norteamericano, especialista en mamíferos fósiles.
Estudou na Universidade de Princeton, onde foi profesor de anatomía comparada entre 1883 e 1890. En 1891 pasou á Universidade de Columbia como profesor de bioloxía, e de zooloxía dende 1896. Foi presidente do Museo Americano de Historia Natural entre 1908 e 1935, e arriqueceu o museo coa máis importante colección de fósiles do mundo, en parte grazas ás súas expedicións polo oeste dos Estados Unidos. Describiu e denominou ao Tyrannosaurus rex en 1905, o Pentaceratops en 1923 e o Velociraptor en 1924.
Osborn foi partidario da agora desacreditada teoría da ortoxénese e do euxenismo.
En 1910 escribiu o manual The Age of Mammals.