Tyrannosaurus rex
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tyrannosaurus rex | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||||
Tyrannosaurus rex | ||||||||||||||||
![]() |
O tyrannosaurus rex (que significa literalmente "reptil tirano rei") é unha especie de dinosauro xa extinta (coma todas as especies desta super-orde). Considérase o maior dinosaurio carnívoro: non en van medía 5,6 metros de altura e 14 de lonxitude, da cabeza á cola e os seus dentes medían 18 centímetros de lonxitude. Este dinosauro é, probablemente, o máis coñecido popularmente.
Viviu no período Cretáceo, en América do Norte e China, aínda que é probable que tamén vivise en tamén Sudamérica e na India.
As extremidades traseiras, coma na maioría dos terópodos, eran moito maiores e máis robustas que as dianteiras, aínda que se cre que estas eran o suficientemente robustas como para levantarse dende o chan.
Cando perseguía as súas presas, o tyrannosaurus rex sobrepasaba os 30 km/h a curtas distancias, pero non podía manter esta velocidade. Isto facía que un tyrannosaurus rex non poidera en moitas ocasións sobrepasar a velociade das súas presas. Por iso, era fundamental para estes dinosaurios a sorpresa ou cazar por parellas.
O primeiro esqueleto de tyrannosaurus rex atopouse en Montana, nos Estados Unidos, en 1902. Axiña atopouse outro en Wyoming. A partir destes ósos, o paleontólogo americano Henry Fairfiel Osborn reconstruíu o o primeiro debuxo deste dinosauro. Chamoulle literalmente reptil tirano rei porque era o maior dinosauro atopado ata entón.