Henry Walter Bates
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henry Walter Bates (Leicester 1825 - 1892) foi un naturalista e explorador británico, famoso pola súa expedición ao Amazonas con Alfred Russel Wallace en 1848, en 1863 publica The Naturalist on the River Amazons.
Wallace regresara a Europa en 1852, pero perdeu a súa colección nun naufraxio, cando Bates chegou sete anos despois, levaba 14.000 especímenes (a maioría insectos), dos que 8.000 eran novos para a ciencia.
En 1863 fornece a primeira confirmación da teoría da evolución de Charles Darwin ao publicar un artigo sobre a teoría do mimetismo, The imitation by a species of other life forms or inanimate objects, onde describe unha especie de bolboreta amazónica que evolúe para adoptar as cores doutra especie viciña á que non atacan os paxaros.