Herbert Henry Asquith
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Herbert Henry Asquith (Morley, Yorkshire 1852 – 1928). Primeiro ministro do Reino Unido (1908-1916).
Membro do Partido Liberal, en 1886 foi elixido membro do Parlamento británico por East Fife. Ministro do interior (1892-1895) con William Ewart Gladstone, trala retirada deste en abril de 1908 Asquith converteuse en primeiro ministro e xefe do Partido Liberal. En 1911 aprobou unha lei que abolia o veto da Cámara dos Lores.
Foi o pai de Anthony Asquith (director de cine), e entre os seus descendentes está a actriz Helena Bonham-Carter.