Himno do Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Himno Nacional Brasileiro ten letra de Joaquim Osório Duque Estrada (1870 - 1927) e música de Francisco Manuel da Silva (1795 - 1865). Foi oficializado pola lei nº 5.700, de 1 de setembro de 1971, publicada no Diario Oficial (suplemento) de 2 de setembro de 1971.
É un himno executado como saúdo à Bandeira Nacional e ao presidente da República, ao Congreso Nacional brasileiro e ao Supremo Tribunal Federal brasileiro. Tamén é de uso noutros casos que stán determinados polos regulamentos de saúdo ou cortesía internacional. A súa execución está permitida mesmo na apertura de sesións cívicas, nas cerimonias relixiosas de carácter patriótico e antes de eventos deportivos internacionais. A música do himno é de Francisco Manuel da Silva e foi inicialmente composta para banda. En 1831, tornouse popular con versos que lembraban a abdicación de Pedro I, emperador do Brasil. Posteriormente, á época da coroação de Don Pedro II, a súa letra foi trocada e a composición, debido a súa popularidade, pasou a ser considerada como o himno nacional brasileiro, inda cando non fora oficializado como tal. Logo da proclamación da República brasileira os gobernantes abriran un concurso para a oficialización dun novo himno, gañado por Leopoldo Miguez. Mentres, coas manifestacións populares contrarias á adopción do novo himno, o presidente da República, Deodoro da Fonseca, oficializou como Himno Nacional Brasileiro a composición de Francisco Manuel da Silva, establecendo que a composición de Leopoldo Miguez sería o Himno da Proclamação da República. Durante o centenario da Proclamación da Independencia, en 1922, finalmente a letra escrita polo poeta e xornalista Joaquim Osório Duque Estrada tornouse oficial. A orquestración do himno é de A. Assis Republicano e súa instrumentación para banda é do tenente Antônio Pinto Júnior. A adaptación vocal foi feita por Alberto Nepomuceno e está prohibida a execución de calquera outros arranxos vocais ou artístico-instrumentais do himno.
[editar] Letra
Himno Nacional Brasileiro
de um povo heróico o brado retumbante, e o sol da liberdade, em raios fúlgidos, brilhou no céu da pátria nesse instante.
conseguimos conquistar com braço forte, em teu seio, ó liberdade, desafia o nosso peito a própria morte!
idolatrada, salve! Salve!
de amor e de esperança à terra desce, se em teu formoso céu, risonho e límpido, a imagem do cruzeiro resplandece.
és belo, és forte, impávido colosso, e teu futuro espelha essa grandeza.
entre outras mil, és tu, Brasil, ó pátria amada!
és mãe gentil, pátria amada, Brasil!
ao som do mar e à luz do céu profundo, fulguras, ó Brasil, florão da América, iluminando ao sol do novo mundo!
teus risonhos lindos campos têm mais flores; "Nossos bosques tem mais vida," "Nossa vida" no teu seio "mais amores".
idolatrada, salve! Salve!
o lábaro que ostentas estrelado, e diga o verde-louro dessa flâmula - paz no futuro e glória no passado.
verás que um filho teu não foge à luta, nem teme, quem te adora, a própria morte.
entre outras mil, és tu, Brasil, ó pátria amada!
és mãe gentil, pátria amada, Brasil! |
Tradución
Dun pobo heroico o brado “retumbante”, E o sol da Liberdade, en raios fúlxidos, Brillou no ceo da Patria nese instante.
Conseguimos conquistar con brazo forte, No teu seo, Ô Liberdade, Desafía o noso peito a propia morte!
Idolatrada, Salve! Salve!
De amor e de esperanza á terra descende, Se no teu fermoso ceo, risoño e límpido, A imaxe do Cruceiro resplandece.
Es belo, es forte, impávido coloso, E o teu futuro espelía esa grandeza.
Entre outras mil Es ti, Brasil, Ouh Patria amada!
Es nai xentil, Patria amada, Brasil!
Ao son do mar e á luz do ceo profundo, Fulguras, Ô Brasil, florón de América, Iluminado ao sol do Novo Mundo!
Os teus risoños, lindos campos teñen máis flores, "Os nosos bosques teñen máis vida", "A nosa vida" no teu seo "máis amores".
Idolatrada, Salve! Salve!
O lábaro que ostentas estrelado, E diga o verde louro desa flámula - Paz no futuro e gloria no pasado.
Verás que un fillo teu non foxe á loita, Nin teme, quen che adora, a propia morte.
Entre outras mil Es ti, Brasil, Ouh Patria amada!
Es nai xentil, Patria amada, Brasil! |
|
---|---|---|
[editar] Ligazóns
- Himno Nacional do Brasil Arquivo Mp3, com 2,43Mb (128Kbps, 44Khz, estéreo). Executado pola banda de música da Academia Militar das Agulhas Negras.
- Lei nº 5.700, de 1º de setembro de 1971 Lei brasileira que trata dos Símbolos Nacionais, entre eles o Himno Nacional do Brasil.