Hispaniola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hispaniola é unha illa das Grandes Antillas cunha superficie de 73 930 km² situada ao Sur do paralelo 20. Mide aproximadamente 650 kilómetros de leste a oeste e a súa máis grande longura do Norte ao Sul é de aproximadamente 250 kilómetros. É unha illa de relevo moi acidentado; o ponto máis alto é o Pico Duarte (3 175 m). O surleste está ocupado principalmente por grandes chairas.
É a soa illa do Caribe a ser partillada entre dous países independentes: a República Dominicana e máis Haití.
Cristóbal Colón descobriu esta illa o 6 de decembro do 1492. Cando pousou o pé nesta illa, batizouna como Hispaniola (pequena España).
Estaba pobada por indios tainos, da familia dos arawak, que acolleran os estranxeiros sen hostilidade, axudándolles mesmo a construir o forte da Natividade.
Cun total de máis de 15 millóns de habitantes, é a máis pobada das illas das Antillas.
País | Poboación (hab.) (estimada 2002) |
Superficie (km²) | densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Haití | 6 964 549 | 27 750 | 255 |
República Dominicana | 8 581 477 | 48 730 | 179 |
Total | 15 546 026' | 76 480 | 203 |