Historia de Colombia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Colombia formase como nación en 1810 a partir da colonia española da Nueva Granada, oficializada en 1550 aínda que constituida uns anos antes e toma definitivamente o seu nome actual en 1863. Este artigo cobre a historia do actual territorio de Colombia, incluíndo o que sabemos de antes da colonia.
Índice |
[editar] Época precolombina
As testemuñas arqueolóxicas indican que o territorio actual de Colombia foi habitado polo ser humano polo menos durante 10.000 anos.
- Artigo principal: Época precolombina
[editar] Época hispánica
Os exploradoresespañois chegaron á área arredor do ano 1500 atopando na rexión as tribus indíxeas como os Muiscas, as cais foron subxugadas e conquistadas. Os españois construíron varios asentamentos que finalmente se convertiron nas provincias que conformaron a Nova Granada, ao principio como Real Audiencia e desde 1717 como virreinato, incluíndo varias provincias que pertenceran ata ese momento á xurisdicción do virreinato de Perú.
- Artigo principal: Época hispánica
- Outros artigos: Conquista española, Consolidación colonial, Historia do Novo Reino de Granada, Historia do Virreinato de Nova Granada
[editar] Época da independencia
O movimento de independencia, en gran parte liderado por Simón Bolívar e Francisco de Paula Santander, desde 1810 finalmente tivo éxito en 1819 cando o territorio ocupado polo virreinato de Nova Granada convertiuse nunha República Federal, logo coñecida como a Gran Colombia en honra ao navegante Cristóbal Colón, tras a batalla de Boyacá (7 de agosto de 1819) e o Congreso de Angostura ese mesmo ano.
[editar] A República do século XIX
As divisións internas dos caudillistas conduciron en 1830 á separación dos departamentos que compuñan a Gran Colombia: Venezuela, Quito (actual Ecuador) e Cundinamarca en 1830. Cundinamarca chamouse Nueva Granada ata 1863, e logo foi Estados Unidos de Colombia ata que en 1886 tomou o seu nome actual: República de Colombia.
As divisións internas permaneceron, de vez en cando encendendo a guerra civil e contribuíndo a debilitar o país un tempo antes da independencia, coa axuda de EE.UU., de Panamá en 1903, que orixinalmente se unira á Gran Colombia desde 1821.
- Artigo principal: República do século XIX
[editar] Século XX en Colombia
Desde os anos 1960 ata a data o país sigue sendo afectado por grupos insurxentes irregulares como as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), o Exército de Liberación Nacional (ELN) e en anos recentes as Autodefensas Unidas de Colombia (AUC). Debido á existencia do problema da guerrilla. O presidente Belisario Betancur en 1982 comeza un movimento de reconstrucción nacional tratando de integrar ás guerrillas no sistema, con resultados parciais e á vez tráxicos. En 2002, o fracaso da negociación do presidente Andrés Pastrana Arango coas guerrillas leva á elección de Álvaro Uribe, e ao desestimarse a necesidade de negociación, presenta un primeiro plano e continuar coas estratexias da loita contra as drogas, en particular co Plan Colombia.
- Artigo principal: Século XX en Colombia Hexemonía Conservadora, Reximes liberais, Medio século XX en Colombia, Frente Nacional, Historia recente de Colombia