User talk:Iagoiaguete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido(a) Iagoiaguete á Galipedia: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Se tes dúbidas consulta: Tes a Taberna de Galipedia, onde podes pór as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios. Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de discusión, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Así mesmo, non esquezas asina-las mensaxes que deixes nas páxinas de discusión (con ~~~~). |
Boa estadía e bo traballo
- Cargache a seguinte imaxe [[1]] sen licenza, compre que cando cargues imaxes escollas unha licenza no cadro de subida; a máis acorde coa imaxe a subir, asimesmo a imaxe, se é procedente doutro lugar debe de estar libre de dereitos de autor (CopyRight), para máis información podes consultar as seguintes páxinas: licezas de imaxes, politicas de uso das imaxes e, finalmente como subir imaxes, para máis dubidas aí nos tes. Un saúdo.--Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 02:43, 10 decembro 2006 (UTC)
[editar] Outra Benvida e Cabanas
Ola Iagoiaguete. Grazas polas túas contribucións. Deille formato (sobre todo engadín ligazóns internas) ó artigo do concello de Cabanas (supoño que serías ti o que traballo nel estes días. Se é así (moito fíxoo unha ip), noraboa por como quedou e polo teu dominio de galego na escrita.
Se accedes ó artigo, e premes na pestana historial, poderás comparar edicións e ver polo miúdo os cambios que realicei. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:23, 10 decembro 2006 (UTC)
[editar] Imaxe sen licenza
![]() |
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Ponte de ferro.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.
Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)
Concretando: Entendo polo tamaño da imaxe e polas súas características (consta a cámara coa que se fixo) que a foto foi realizada por ti. Se é así, debes editar a imaxe e escribir, por exemplo (hai máis posibilidades) unha destas dúas opcións:
- Eu son o autor {{PD-propia}} (--> a imaxe estará no dominio público sen retricións)
- Eu son o autor {{GFDL-propia}} (--> a imaxe terá algunhas retricións: se alguén a usa deberá nomear o autor e a fonte da imaxe,...)
Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:36, 10 decembro 2006 (UTC)