Ideolingua
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha lingua construída, tamén chamada lingua planificada, idioma artificial, ideolingua ou conlang, é un idioma que foi total ou parcialmente construído, planeado ou deseñado conscientemente por seres humanos. As linguaxes de programación non son ideolinguas porque non son idiomas. Tampouco se considera ideolingua á evolución histórica, e xa que logo non planeada conscientemente, de calquera lingua natural.
As motivacións que impulsan o xurdimento destas linguas non naturais son basicamente dúas:
- Racionalizar a comunicación humana mediante linguas perfeccionadas en aspectos onde as linguas naturais son ambigüas, inzadas de excepcións, desacordes coa lóxica, irregulares, etc. Tras este obxectivo están ideolinguas como o lojban, estruturado sobre a lóxica de predicados. Dentro desta racionalización tamén se inscribe a procura de auxilinguas aptas para a comunicación internacional, como é o caso do esperanto, do Ido ou de interlingua. Algunhas veces tamén se persegue a neutralidade cultural das auxilinguas, que é o caso do mencionado lojban.
- Motivos estéticos, artísticos, ou lúdicos. Neste apartado inscríbense linguas como as desenvolvidas por J.R.R. Tolkien para as súas sagas de ficción literaria, como o Quenya ou o Sindarin.
[editar] Clasificación das linguas artificiais
A maior parte das linguas artificiais teñen cabida nun destes tres grupos:
- Linguas auxiliares, que pretenden a comunicación entre persoas
- linguas experimentais, as cales poden ser lóxicas ou filosóficas
- Linguas artísticas, que agrupa todas as demais.
Unha clasificación máis detallada inclúe varios factores, tales como a súa intención de uso, o seu propósito de creación e a orixe do vocabulario e a gramática.
[editar] Pola súa intención de uso
As linguas construídas poden dividirse en dous grandes grupos de acordo á súa intención de uso: linguas auxiliares e linguas fiticias. As primeiras buscan ser un medio de comunicación real entre seres humanos mentres que as segundas son faladas por personaxes fiticios na imaxinación ou obra o autor da lingua, sen pretender ser faladas por persoas reais.
Estes propósitos poden subdividirse:
- Para ser faladas por seres humanos reais (auxiliares)
- linguas propiamente auxiliares ou auxilinguas
- Linguas auxiliares universais (por exemplo. esperanto
- Linguas auxiliares rexionais (por exemplo. folkspraak)
- Linguas experimentais
- Linguas lóxicas (por exemplo. lojban)
- Linguas filosóficas (por exemplo. ro)
- Linguas privadas
- Criptolinguas (por exemplo. lingua ignota)
- Linguas persoais (por exemplo. dastmen)
- linguas propiamente auxiliares ou auxilinguas
- Só faladas por personaxes ficticios ou non definidos
- Linguas ficionais
- Linguas ficionais humanas (p.ex. sindarin)
- Linguas ficionais