Sindarin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sindarin é unha lingua artificial desenvolvida por J. R. R. Tolkien. Na mitoloxía tolkiana é a lingua élfica máis falada na Terra Media derivada doutra anterior coñecida como Telerin común; cando os Noldor voltaron á Terra Media adoptaron o sindarin malia crer que a súa lingua, o Quenya, era máis fermoso. Na Segunda e Terceira Era o sindarin era a lingua franca de todos os elfos. Na ficción o alfabeto utilizado era o Cirth pero entre os cultivadores das linguas tolkien utilízase case sempre o alfabeto latino.
A fonoloxía do sindarin está baseada na da lingua galesa