IES Lamas de Castelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O IES Lamas de Castelo é un centro de ESO situado no concello de Carnota. Este instituto foi aberto no curso 98-99 . Foi inagurado por Manuel Fraga Iribarne. A este centro acuden aproximadamente 108 alumnos. Este centro imparte clases de PGS de hostelería e ESO. Os estudantes deste centro proceden de dous colexios diferentes:
- CEIP do Pindo.
- CEIP de Carnota.
O número de alumnos do IES Lamas de Castelo vese reducido debido á popularidade dos centros de ensinanza secundaria veciños: Muros e Cee.
[editar] Proxectos
O IES Lamas de Castelo está inmerso nun proxecto de TIC's (Tecnoloxías da Información e Comunicación). Dispón de conexións á Internet en tódalas aulas, ademais de estar dotado dunha aula de informática e varios equipos portátiles, o que permite aos alumnos traballar co ordenador en cada materia.