Imre Schlosser
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Imre Schlosser | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Imre Schlosser-Lakatos | ||
Alcume: | O Neno | ||
Data de nacemento: | 24 de xaneiro de 1889 | ||
Lugar de nacemento: | , Hungría | ||
Data de falecemento: | 19 de xullo de 1959 | ||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | falecido | ||
Posición: | Dianteiro Centro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 68 | ||
Goles: | 59 | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | |||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Imre Schlosser-Lakatos (24 de xaneiro de 1889 - 19 de xullo de 1959) foi un futbolista húngaro. É o máximo anotador da historia da liga húngara.
Schlosser debutou coa camisola nacional o 7 de outubro de 1906, cando só tiña 17 anos e 256 días, nun encontro contra Bohemia, que rematou cun 4-4. Este foi o comezo dunha carreira na selección que duraría máis de vinte anos. Neste tempo xogou 68 encontros con Hungría, anotando 59 goles.
En canto aos clubes nos que xogou, foron o Ferencvárosi TC e o MTK Hungária, nos que anotou un total de 417 goles en liga, o que o fai o sexto mellor goleador de tódolos tempos [1](enlace en inglés).
Foi catro veces máximo anotador europeo, o que máis tarde se deu en chamar Bota de Ouro, entre as tempadas 1910-11 e 1913-14.