Ingapirca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ingapirca é un complexo arqueolóxico inca-cañarí localizado na provincia de Cañar, Ecuador a 60 km da cidade de Cuenca e a 3.160 metros de altura. De estrutura elíptica era un templo dedicado ó sol, aínda que tiña tamén unha finalidade estratéxica e administrativa. Consérvanse ruinas dun cemiterio, de observatorios solares, baños, depósitos, residencia dos sacerdotes.