Janwillem van de Wetering
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Janwillem van de Wetering (Róterdam, 1931) é un escritor neerlandés, coñecido como autor de novelas policiais que escribe en neerlandés pero que el propio traduce ao inglés, en xeral con grandes diferenzas coa versión orixinal. As súas novelas máis populares son as potagronizadas por Grijpstra e de Gier, unha parella de policías de Ámsterdam, amantes da esmorga que levan ao lector aos barrios marxinais da cidade.
Van de Wetering naceu e educouse en Róterdam, pero posteriormente viviu en Sudáfrica (1950-1956), Xapón, Londres, Colombia, Perú, Australia e actualmente reside en Surry, Maine. Pasou un tempo nun mosteiro budista zen (1958-1959) e foi policía auxiliar en Ámsterdam en substición do servizo militar, aínda que despois continuou durante sete anos.
[editar] Obra
[editar] Grijstra & De Gier
- 1975 Het lijk in de Haarlemmer Houttuinen
- 1976 Buitelkruid
- 1976 De Gelaarsde Kater
- 1977 De dood van een marktkoopman
- 1977 Een dode uit het Oosten
- 1978 De blonde baviaan
- 1979 Het Werkbezoek
- 1983 Moord zonder lijk, lijk zonder moord
- 1982 De straatvogel
- 1984 De ratelrat
- 1985 De zaak IJsbreker
- 1993 Drijflijk
- 1994 Een toevalstreffer
- 1996 Een ventje van veertig
- 1996 Tango in Amsterdam en andere verhalen