Jeltzale
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jeltzale ou jelkide é un termo vasco para referirse á ideoloxía do Partido Nacionalista Vasco e a quen simpatizan con ela, aínda que ós seus militantes adoitalles en chamar jelkides, un termo do mesmo orixe. Jeltzale ocupa no nome vasco do partido, Eusko Alderdi Jeltzalea, o lugar que "nacionalista" ocupa no nome en castelán, aínda que non se trata dunha traducción precisa, xa que jeltzale emprégase exclusivamente en relación ó PNV, mentres que para outros nacionalistas vascos emprégase abertzale.
A verba "Jeltzale" é un neoloxismo composto polo acrónimo JEL, que significa Jaungoikoa Eta Lagizarrak (Jaungoikoa Eta Lege Zaharrak en éuscaro batua actual): Deus e Leis Vellas e o sufixo -(t)zale: o que é amigo, partidario ou seguidor de algo.
Jaungoikoa Eta Lagizarrak é o lema do PNV. A presenza de Deus no mesmo amosa a vocación democristiá deste grupo político, que evolucionou dende o integrismo cristián do seu fundador, Sabino Arana, a finais do século XIX a posicións próximas ás da democracia cristiá europea (foi membro fundador da Internacional Demócrata cristiá). As Leis Vellas refírense ós foros, sistema tradicional que rexía as relacións entre os territorios forais vascos e a Coroa. Pero para o PNV, os foros foron as constitucións propias dos territorios vascos.
[editar] Véxase tamén
- Partido Nacionalista Vasco
- Abertzale
- Jelkide