Éuscaro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Éuscaro | |
---|---|
Falado en: | España e Francia |
Total falantes: | 1.033.900 (Maternal: 700.000) |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. |
Estatuto Oficial | |
Lingua oficial do: | País Vasco e Navarra na España. |
Regulado por: | Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca) |
Código de Linguas | |
ISO 639-1: | eu |
ISO 639-2: (T): | eus |
SIL: | BSQ |
O idioma vasco, (éuscaro en galego, euskara ou euskera en lingua vasca) a pesar de falado en rexións de España (País Vasco e Navarra) e de Francia (sobre todo no Departamento de Pyrénées-Atlantiques no sudoeste francés) non é un idioma indoeuropeo. nalgúns dicionarios de lingua portuguesa, chámaselle Vasconzo (castelán, "vascuence") que vén a significar "linguaxe incomprensible, inintelixible".
O éuscaro é unha lingua aglutinante. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriunda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a Europa. Outros , a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. Hai aínda estudiosos que tentan ligalo a linguas africanas e ao idioma dos etruscos. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e que xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o latín na Península Ibérica.
Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas (que son a gran maioría) que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia indoeuropea. Por mor diso, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística, tales como o vasco é a lingua máis complexa do mundo; tódolos verbos son pasivos; e moitos outras falsidades. En realidade, o éuscaro é unha lingua coma outra calquera. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do turco ou do xaponés. A súa morfoloxía é, esa si, bastante pouco común en Europa, mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.
Índice |
[editar] Distribución xeográfica
A rexión na cal o éuscaro se fala é coñecida como País Vasco, Euskadi ou Euskal Herría en vasco.
[editar] Status oficial
O vasco ten o status de lingua oficial nas rexións vascas da España (País Vasco e Navarra).
[editar] Dialectos
Hai actualmente oito dialectos, os cales non se confunden coas divisións políticas. Un dos primeiros estudos científicos do vasco foi feito por Louis-Lucien Bonaparte (un descendente de Napoleón).
[editar] Linguas derivadas
Hai actualmente unha versión unificada do Éuscaro (vasco) chamada batúa ("unificado" en vasco), a cal é o idioma ensinado nas escolas. O batúa baséase principalmente no dialecto rexional de G.
[editar] Gramática
O vasco ten algunhas formas gramaticais pouco comúns na Europa, como o chamado ergativo, que se emprega engadindo un -k ao suxeito cando hai un verbo transitivo. O verbo auxiliar tamén reflicte o número do obxecto directo, de tal forma que o verbo auxiliar pode conter moita información (sobre o suxeito, o número do obxecto directo, se é singular ou plural, e o obxecto indirecto). De entre as linguas europeas, este sistema (inflexión do verbo auxiliar) soamente se atopa no vasco e en linguas do Cáucaso.
Por exemplo, na frase:
- Martinek egunkariak erosten dizkit
que significa "Martín compra os xornais para min", Martín-ek é o suxeito (máis exactamente, un ergativo), por isto ten a terminación -k. Egunkariak ten unha terminación en -ak a cal marca o plural do obxecto (plural absolutivo, para ser exacto). O verbo é erosten dizkit, no cal erosten é un tipo de xerundio ("comprando") e o auxiliar dizkit indica:
- di- marca un verbo contendo tanto un obxecto directo e un indirecto, no tempo presente;
- -zki- é o numeral do obxecto directo (neste caso os xornais; se fose singular non habería sufixo); e
- -t é a marca do obxecto indirecto: "para min".
O vasco fai distinción entre as consoantes sibilantes (z, tz), nas cales a fricción ocorre na superficie da lingua (como no "s" nas linguas francesa e inglesa), e sibilantes apicais (s, ts) onde a fricción acontece na punta da lingua (como no "s" castelán). Tamén posúe sibilantes palatais (x, tx), que soan como o portugués ch.
Sons palatais (explosivos: tt /c/, dd /X/; sibilantes: x /S/, tx /tS/; nasais: ñ /ñ/; laterais: ll /L/) son típicos de diminutivos, que son frecuentes en linguaxe infantil e materna (máis para mostrar afecto). Ex.:, tanta ("gota") e ttantta (gotiña). Unhas poucas palabras comúns, tales como txakur ("cachorro"), usan sons palatais mesmo tendo perdido, no uso común, a súa característica de diminutivo; as formas correspondentes non-palatais actualmente teñen un sentido aumentativo ou pexorativo: zakur ("cachorrón"). Moitos dialectos do vasco exhiben un efecto de palatalización derivado no cal as consoantes que se inician no oso frontal cambian na súa correspondente palatal despois da vogal frontal alta [i]. Por exemplo, o son [n] na palabra [egin] (asir) tórnase un palatal [ñ] cando o sufixo "a" se engade, transformando /exina/ en [exiña] (a acción).
A letra x pronúnciase como [x], [X\], [Z], [S] ou mesmo [X] dependendo da rexión ([X] é típico do País Vasco español). O sistema de vogais é o mesmo có da español para a maioría dos falantes, con 5 vogais /a, e, i, o, u/. Así a todo, falantes do dialecto Souletino tamén teñen unha sexta vogal, frontal e arredondada, representada na escrita como ü mais soando como o francés eu (ou o alemán ö) e non como no francés u (e alemán ü).
O éuscaro mostra unha gran variación dialectal no acento tónico, dende unha tonicidade fraca nos dialectos centrais ata unha forte tonicidade noutros dialectos, con patróns variados na colocación da tonicidade. En xeral, a tonicidade non se usa para distinguir (xéneros, ou plurais, etc). No entanto, hai situacións onde a tonicidade é fonoloxicamente pertinente, servindo para diferenciar entre uns poucos pares de palabras acentuadas e entre algunhas formas gramaticais (en xeral plurais doutras formas). Ex.:, basóà ("a bosque", caso absolutivo) vs. básoà ("o vaso", caso absolutivo; un préstamo do español vaso); basóàk ("a bosque", caso ergativo) vs. básoàk ("o vaso", caso ergativo) vs. básoak ("as bosques" ou "os vasos", caso absolutivo).
Dada a gran variabilidade entre os seus dialectos, a tonicidade non se indica na ortografía estándar, e a Euskaltzaindia (Academia Real da Lingua Vasca) apenas fai recomendacións xerais para unha estandarización no posicionamento da tonicidade, basicamente para colocar un acento indicador de tonicidade fraca (máis fraca que aquela do español) na segunda sílaba dun sintagma, e unha tonicidade normalmente menor na última sílaba, agás en formas plurais, cando a tonicidade se traslada para a primeira sílaba. Este sistema dá ao vasco unha "musicalidade" distinta, que diferencia a súa pronuncia dos patróns de prosodia do español. Os Euskaldunberris ("novos falantes do vasco", isto é, os que usan o vasco como segunda lingua e que teñen o español como primeira lingua) tenden a transportar os padróns da prosodia española para a súa pronuncia do vasco, dando orixe a unha pronuncia bastante desprezada, insulsa; ex.:, pronuncian nire ama ("miña nai") como nire áma (- - ? -), no canto de niré anà (- ? - `).
[editar] Breve vocabulario
- Olá: "Kaixo"
- Bo día: "Egunon"
- Boas tardes: "Arratsaldeon"
- Boas noites: "Gabon"
- Adeus: "Agur"
- Ata logo: "Gero arte"
- Por favor: "Mesedez"
- Síntoo moito: "Barkatu"
- Grazas: "Eskerrik asko"
- De nada: "Ez dago zergatik"
- Si: "Bai"
- Non: "Ez"
- Non entendo: "Ez dut ulertzen"
- Non fumar: "Ez erre"
- Buraco: "Zulo"
- Casarío: "Baserri"
- Ratiño: "Sagutxo"
- Gato: "Katu"
- Can: "Txakurra"
- Falante de éuscaro: "Euskaldun"
- Rúa: "Kale", karrika
- Festa: "Jai"
- Boina: "Txapela"
- Felicidades: "Zorionak"
- Nai: "Ama"
- Pai: "Aita"