João Pessoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
João Pessoa | |
---|---|
Estado | Paraíba |
Área | 210 km² |
Poboación | 649.910 (2004) |
Fundada en | 5 de agosto de 1585 |
Altitude | 47 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 7º09'28 S |
Lonxitude | 34º45'54 O |
Distancia de Brasilia | 2338 Km (por estradas) |
Código postal (CEP) | 58.000-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de João Pessoa Praça Pedro Américo, 70, Centro |
Internet: | http://www.joaopessoa.pb.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Ricardo Vieira Coutinho |
Mapa | |
![]() |
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó Océano Atlántico, no punto extremo este da América do Sur, a Ponta do Seixas.

Hoxe a cidade vive do turismo en súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas de unha capital de estado.
É sede de unha importante universidade brasileira, a Universidade Federal da Paraíba (UFP) e de algunhas institucións de ensino superior privadas, que atraen estudantes do estado e de estados veciños.
[editar] Historia
Unha das cidades máis antigas do Brasil, foi fundada en 1585 co nome de Nossa Senhora das Neves, e despois, nunha homenaxe ó rei Felipe II de España pasou a chamarse Filipéia de Nossa Senhora das Neves. Cando esteve baixo o dominio holandés teve o seu nome mudado para Frederikstadt. Cando retornou ó dominio de Portugal despois que este recuperou a súa soberanía, voltou a chamarse Nossa Senhora das Neves ata 1817 cando foi rebautizada como Parahyba, nunha homenaxe á enton capitanía da Parahyba, da cal tornouse capital. Este nome permaneceu despois que o Brasil independizouse (en 1822) e que tornouse unha republica, en 1889.
O nome actual, João Pessoa nunha homenaxe ao entón presidente da provincia da Parahyba, o politico João Pessoa, en 1930 despois do seu asasinato.