Invasións holandesas no Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As invasións holandesas no Brasil deronse en dous locais e ocasións diferentes:
A motivación, nos dous casos, era a mesma: o facto de os intereses da Holanda no comércio de azucre teren sido afetados con a unión das coroas portuguesa e española en 1580 (vexase a Historia do cultivo da cana de azucre).
Sendo a España unha inimiga da Holanda, proibiu que os holandeses comprasen azucre no porto de Lisboa para revendélo no resto da Europa, prexudicando os priviléxios comerciais que estes posuían, e tamén, o recebimento dos empréstimos holandeses fornecidos ós portugueses para a montaxe de enxeños de azúcar. A resposta holandesa foi a organización, en 1621 da Compañía Holandesa das Indias Occidentais (WIC), con o fin de ocupar as rexións produtoras de azúcar e recuperar os lucros do antigo negócio.
A primeira invasión holandesa no Brasil ocorreu en 1624 na cidade de Salvador. Entretanto, durou pouco, pois logo foi rechazada por tropas luso-españolas.
[editar] A invasión holandesa en Pernambuco
Na capitania de Pernambuco, a invasión holandesa iniciouse en 1630 con a ocupación de Olinda. Entretanto, houve resistencia, liderada por Matias de Albuquerque, que usou táticas de guerrilla para confinar o invasor ás fortalezas no perímetro urbano de Olinda e de seu porto, o Recife.
Porén alguns señores de terras de produción de cana de azucre aceitaron a administración holandesa por entenderen que unha inxeción de capital e unha administración máis liberal auxiliarian o desenvolvemento dos seus negócios. O mellor representante destes foi Domingos Fernandes Calabar, considerado na historia como un traidor, ó apoiar as forzas de ocupación e a administración holandesa.
[editar] O goberno de Nassau
Vencida a resistencia portuguesa, con o auxílio de Calabar, a WIC nomea o conde Johan Maurits van Nassau (Xoán Mauricio de Nasau) para administrar a conquista. Homen culto e liberal, tolerante con a imigración de xudeus e protestantes, trouxe consigo artistas e cientistas para estudar as potencialidades da terra. Preocupouse con a recuperación da [agricultura]] e manufatura do azucre, concedendo créditos e vendendo en hasta pública as terras de cultivo conquistadas. Cuidou da cuestión do abastecemento e da mandeobra, da administración e promoveu ampla reforma urbanística no Recife (batizada de Cidade Maurícia). Concedeu liberdade relixiosa, rexistrandose a fundación, no Recife, da primeira sinagoga do continente americano.
A liberdade relixiosa concedida por Nassau era, de certo modo, unha necesidade, pois mentres os señores de terras eran católicos, as tropas holandesas eran protestantes, e os comerciantes portugueses que intermediaban o negócio de azucre na colónia eran xudeus que, finalmente, non precisaban máis esconder a sua fé da Inquisición.
A partir de 1640 coa restauración da coroa portuguesa, o chamado Estado do Brasil se pronunciou a favor de Don Xoán IV de Portugal (coñecido como o Duque de Braganza). Foi asinada unha trégua de 10 anos entre Portugal e os Países Baixos (Holanda). Xa no Nordeste do Brasil, as terras produtoras de cana de azucre vivian dificuldades nun ano de pragas e seca, presionados pola WIC que, sen considerar a moderación política de Nasasu, pasou a cobrar a liquidación das dívidas dos inadimplentes. En 1644, ocorre a volta de Nassau para a Holanda, debido a desavenzas na WIC.
Esta conxuntura levou á eclosión da Insurreición Pernambucana, que culminou con a extinción do domínio holandés no Brasil. Este movemento foi liderado polo señor de terras André Vidal de Negreiros, polo negro Henrique Dias e polo índio Felipe Camarão. A chamada Segunda Batalla dos Guararapes, en 1649 marcou unha reviravolta favorable ós luso-brasileiros, e, en 1654, os holandeses deixaron o Brasil. De acordo con alguns estudiosos de historia do Brasil, este movemento asinala o início do nacionalismo brasileiro, pois elementos brancos, negros e índios se uniron para lutar por intereses no Brasil.
[editar] Consequencias
En conseqüencia das invasións ó Nordeste do Brasil, os capitais holandeses pasaron a dominar todas as etapas da produción de azucre, dende o plantio da cana de azucre ata o refino e distribuición. Con o controle tamén do mercado fornecedor de escravos durante a sua ocupación das posessións portuguesas na África, pasaron a investir en produción azucareira na rexión das Antillas. Ó seren expulsos de Pernambuco, levaron todo o coñecemento de produción adquirido, os capitais e o coñecemento comercial dos comerciantes xudeus de orixen portuguesa. En pouco tempo, a produción antillana tornouse máis lucrativa para a Holanda do que o comércio con Portugal, e a economía brasileira entrou en decadencia, só recuperandose definitivamente no século seguinte, con o Ciclo do Ouro.