John Fowles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Robert Fowles (Leigh-on-Sea, Essex 1926- Dorset, 5 de novembro de 2005) foi un escritor inglés.
Era fillo dun mercader de tabaco e dunha mestra. Estudou francés nas universidades de Edimburgo e de Oxford e logo de licenciarse en 1950 ensinou en Francia e Grecia. Neste país comezou a escribir poesía. En 1954 regresou a Inglaterra para ensinar nun instituto de Londres. A súa primeira novela, O coleccionista (The Collector, 1963), converteuse nun éxito internacional que fixo que Fowles deixase o ensino para dedicarse en exclusiva a escribir.
Asentouse en Dorset, contorno que utilizou para A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman, 1969). No mesmo ano adaptou O Mago (The Magus), baseada nas súas experiencias en Grecia, para o cinema, ainda que sen éxito. Si que o tivo a adaptación d'A muller do tenente francés, en 1981 - neste caso con guión de Harold Pinter e cunha nominación ao Óscar. O Aristos, unha colectánea de reflexións filosóficas, é a súa obra máis coñecida non de ficción.
John Fowles recorre á ironía para interpolar alusións a teorías científicas e artísticas da época na que se ambienta a narración (Darwin, Marx, os prerrafaelitas), parodiando así determinada tradición narrativa vitoriana. É por isto que algúns críticos considéranno un precursos do postmodernismo.
[editar] Obras
- (1963) O coleccionista (The Collector)
- (1964) O Aristos (The Aristos )
- (1965) O mago (The Magus )
- (1969) A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman)
- (1974) A torre de ébano (The Ebony Tower)
- (1977) Daniel Martin
- (1979) A Árbore (The Tree)
- (1982) Mantissa
- (1985) Un verme (A Maggot])
- (1998) Furados de verme - Ensaios e escritos ocasionais (Wormholes - Essays and Occasional Writings)
- (2003) Os diarios (The Journals - Volume 1)