John Herschel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sir John Frederick William Herschel (7 de marzo de 1792 – 11 de maio de 1871) foi un matemático e astrónomo inglés, fillo do astrónomo William Herschel.
John Herschel popularizou o uso da data xuliana en astronomía e contribuíu na mellora dos procesos fotográficos (Cyanotypo). Acuñou os termos "fotografía", "negativo", "positivo", e descubríu o uso do tiosulfato de sodio como fixador das sales de prata. Tamén informou a Louis Daguerre de que o seu propio descubrimento do hiposulfato de sosa fixaría as súas fotografías facéndoas permanentes.
[editar] Comezos e traballos en astronomía
Herschel naceu en Slough, Buckinghamshire, e estudiou en Eton College e St John's College, Cambridge. Graduouse coa máxima puntuación en 1823. Durante a súa etapa de estudante fíxose amigo de Charles Babbage y George Peacock; precisamente foi a corrección de erres sistemáticos en taboas astronómicas, tarefa na que traballaron ambos, as que animaron a Babbage a construír unha máquina automática de cómputo que eliminase o traballo humano a suxerencia súa.
Empezou coa astronomía en 1816, cando construíu un telescopio reflector cun espello de 45,72 cm de diámetro e 6,096 metros de longo. Entre 1821 e 1823 reexaminou, xunto con James South, as estrelas binarias catalogadas polo seu pai. Por este traballo logrou en 1826 a Medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica (volvería a gañala en 1836); e a medalla Landale do Instituto de Francia en 1825; a Royal Society otorgoulle ademáis a Medalla Copley polas súas contribucións matemáticas. Foi nomeado Sir en 1831.
[editar] Visita a Sudáfrica
En 1833 Herschel viaxou a Sudáfrica para catalogar as estrelas, nebulosas e outros corpos celestes visibles dende o hemisferio sur. Pretendía completar a clasificación dos ceos do norte iniciada polo seu pai e continuada por el mesmo. Chegou a Cidade do Cabo o 15 de xaneiro de 1834. Entre as súas observacións atopábase a volta do Cometa Halley.