John Reed
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Reed foi un xornalista norteamericano e activista comunista, naceu o 22 de outubro de 1887 en Portland, cubriu como correspondente de guerra as frontes de Francia, Italia, Alemaña, Turquía e Rusia, o réxime zarista encarcelouno en 1916 polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso, famoso pola súa obra Ten Days that Shook the World (Dez días que estremeceron ó mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á revolución bolxevique. Morreu o 19 de outubro de 1920 en Moscova.