Joinville
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joinville | |||
---|---|---|---|
|
|||
Informacións xerais | |||
Estado: | Santa Catarina | ||
Poboación: | 480 000 (2004) | ||
Área: | 1.183 km2 | ||
Fundación da cidade: | 9 de marzo de 1851. | ||
Latitude: | 26° 18' 05 S | ||
Lonxitude: | 48° 50' 38 O | ||
Clima: | Temperado | ||
Pobos que fundaron a cidade: | Alemáns, Suízos e Dinamarqueses | ||
Outras informacións | |||
Prefeitura Municipal: | (47) 431-3233, 433-2480 (fax) | ||
Internet: | joinville.sc.gov.br | ||
E-mail: | pmjnews@netville.com.br | ||
Joinville é a máis grande cidade do Estado brasileiro de Santa Catarina (pero non é a súa capital). Foi fundada en 1851 por 191 familias de inmigrantes, orixinarias de Alemaña, Suíza e Noruega. A cidade ten ese nome pois foi fundada en terras de François Ferdinand Philippe, príncipe de Joinville e marido da irmá do emperador Pedro II de Brasil, Dona Francisca. As terras foron un regalo do casamento. O príncipe e Dona Francisca xamais visitaron as terras, pero unha casa foi construída para eles, que é hoxe o "Museu Nacional de Inmigración e Colonización Palacio dos Príncipes de Joinville". Non obstante, os primeiros habitantes da rexión foron os indios tupis e guaranís, feito comprobado por 40 sitios arqueolóxicos encontrados nas súas proximidades.
As súas terras localízanse xunto ao río Cachoeira, non moi distante do litoral. A sé do municipio sitúase a uns 4,5 m sobre o nivel do mar. Hai algunhas montañas próximas cobertas por vexetación remanecente da Mata Atlántica.
Entre os anos 1950 e 1980 a cidade tornouse eminentemente industrial, e recibiu a alcuña de Manchester de Santa Catarina. A súa produción industrial é escoada por estradas para outras rexións do Brasil (ten acceso facil ao sur do Brasil e Mercosur, e tamén a Curitiba, e desta até Sao Paulo e Rio de Janeiro), e por ferrocarril até os portos de Itajaí e de São Francisco do Sul, situados uns 40 e uns 90 km da cidade, respectivamente. Tamén posúe unha Universidade privada - UNIVILLE - e algúns cursos da Universidade estatal - UDESC.