Joseph Banks
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joseph Banks (Londres, 1743 - 1820) foi un naturista e botánico inglés que participou na primeira viaxe de James Cook (1768-1771), arredor de 75 especies levan o nome de Banks e está considerado o introdutor en Occidente do eucalipto, a acacia, a mimosa e o xénero coñecido como Banksia.
Nos seus anos de estudante en Oxford adquiriu paixón pola botánica. Publica as súas primeiras descrición, de especies de Terranova e Labrador, utilizando o sistema de Linneo,
En 1768 embárcase a bordo do Endeavour e acompaña a Cook na súa primeira expedición cara o sur do Océano Pacífico, en Brasil fixo a primeira descrición científica coñecida buganvílea e con Daniel Solander fixo a maior colección de flora australiana, describindo especies novas para a ciencia.