Juan Pardo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juan Pardo Suárez, cantante, naceu o 11 de novembro de 1942 en Palma de Mallorca, galego de adopción.
A sua carreira profesional comezou nos Vándalos. Logo formou parte do grupo Los Pekenikes (1963). Máis tarde foi cantante en Los Brincos (1965). Aquí coñeceu a Antonio Morales, que 2 anos máis tarde marcharon do grupo e formaron o dúo Juan y Junior.
As suas discrepacias con Junior levaron á disolución do grupo comezando a sua carreira en solitario en 1969. Ninguen logrou superarlle na lista de éxitos dese ano con La charanga. Ten cancións en galego.
Juan Pardo dedicou unha gravación enteira á literatura galega no disco titulado Galicia miña nai dos dous mares. Tendo en conta que editouse nunha época tan convulsa como mediados dos setenta, o traballo sorprendía pola claridade temática de cancións como A fala e falade galego, baseado nunha poesía de Eduardo Pondal, Na Morte de Castelao con versos de Ramón Cabanillas e incluso unha versión do Himno galego. Moi diferente dos seus inicios como estrela del pop estatal.
Ademais de cantante, é productor e compositor.
Varios cantantes de fala hispana gravaron os seus éxitos, como a española Rocio Jurado (coa que gravou a dúo, a súa canción ¿Por que me habrás besado?), Yolanda Del Rio, Manolo Galván, etc.
Entre as suas cancións, atópanse: Abrazadito a la luna, Gallo de Pelea, Anduriña, etc.
[editar] Discografía
- Grandes éxitos
- Galicia miña nai dos dous mares
- Qué tienes en la cama
- Uno, está solo
- Trigeneración
- Sinceramente Juan
- Pasión por la vida
- Oro compacto
- Mírame de frente
- Lua Chea
- La niña y el mar
- Juan mucho más Juan
- Gallo de pelea
- En vivo
- Año nuevo
- Alma galega