Karl Barth
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Karl Barth (1886 - 1968) foi un teólogo suízo, un dos principais pensadores do movemento neo-ortodoxo, moitos dos actuais teólogos protestantes son seguidores das súas teorías.
Naceu en Basilea, pero pasou a infancia en Berna, entre 1911 e 1921 foi pastor da Igrexa Reformada Suíza en Safenwil, no cantón de Aargau, máis tarde foi profesor de teoloxía en Bonn, deixou Alemaña en 1935 por rexeitar apoiar a Adolf Hitler e tras ser un dos autores principais da declaración teolóxica de Barmen (1934), na que se opuña aos desexos nazis de controlar o cristianismo alemán e que deu orixe á Igrexa Confesante. De volta en Basilea foi profesor de teoloxía
[editar] Pensamento
Barth comezou como seguidor das teorías do protestantismo liberal alemán de autores como Wilhelm Herrmann, do que foi discípulo, pero á altura da Primeira Guerra Mundial distanciouse desta postura, en parte debido ao apoio que os teólogos protestantes liberais deran á guerra.
En 1919 publica Der Römerbrief que rescribiu en 1922, unha esexese da epístola aos romanos, na que dá as claves do seu pensamento teolóxico.
Barth foi un dos fundadores do movemento teolóxico coñecido como a Teoloxía dialéctica, que enfatiza a revelación de Deus por Deus como a fonte da doutrina cristiá e a Biblia é a interpelación de Deus dirixe aos homes. Logo da Segunda Guerra Mundial opúxose ao rearmamento alemán e apoiou ao movemento pacifista.