Kelvin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conversión de | para | Fórmula |
---|---|---|
kelvin | Fahrenheit | °F = K × 1.8 - 459.67 |
Fahrenheit | kelvin | K = (°F + 459.67) / 1.8 |
kelvin | Celsius | °C = K - 273.15 |
Celsius | kelvin | K = C° + 273.15 |
kelvin | Rankine | °Ra = K × 1.8 |
Rankine | kelvin | K = °Ra / 1.8 |
kelvin | Réaumur | °Ré = (K - 273.15) × 0.8 |
Réaumur | kelvin | K = °Ré × 1.25 + 273.15 |
O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI. É definida por dous feitos: cero kelvin é o cero absoluto (cando paran completamente os movimentos moleculares), e un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do ponto triplo da auga (0.01°C). A escala de temperaturas Celsius é hoxe definida en función do kelvin.
O kelvin recebeu este nome en honra do físico e enxeñeiro Willian Thomson, que se tornou Lord Kelvin cando foi feito par do reino.
En canto unidade SI, o kelvin é escrito cun k minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabras grao ou graos ou o símbolo °, como os graos Celsius ou Fahrenheit. Isto acontece porque estas son escalas de medición, encanto que o kelvin é unha unidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en 1954 (na 10ª CGPM, Resolución 3, CR 79), recebeu o nome de grao Kelvin e o símbolo ºK; o "grao" foi removido en 1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104).
Note que o símbolo para o kelvin é sempre un K maiúsculo e nunca é escrito en itálico.