Ken Saro-Wiwa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kenule Beeson Saro-Wiwa (10 de outubro de 1941 - 10 de novembro de 1995) foi un autor, produtor de televisión e activista nixeriano.
Ken Saro-Wiwa era un home de paz, un gran defensor dos dereitos humanos. Loitou de forma non-violenta pola dignidade dos pobos do Delta do Níxer. Concedéronlle o premio alternativo ao Nobel da Paz en 1994 polo "correcto modo de vivir" e Amnistía Internacional outorgoulle o estatuto de preso de conciencia. En 1995 galardoáono pola defensa do Medio Ambiente.
Preocupábao moito a situación de precariedade do seu pobo debido ás extraccións de petróleo que se estaban realizando na zona, contaminando e pondo en perigo o ecosistema, empobrecendo e reducindo as terras cultivábeis. En 1990 fundou o Movemento para a Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP), desde o cual reclamaban: autonomía política, participación nas riquezas petroleiras extraídas das súas terras e o dereito a controlar o seu contorno ecolóxico. Saro-Wiwa foi o seu voceiro.
Aproveitando a súa sona de escritor e das súas relacións con outros autores quixo atraer a atención do mundo sobre a situación do pobo Ogoni. Denunciou o goberno e a compañía petrolífera Shell de seren os culpábeis da destrución do ecosistema da rexión, reclamandolle á Shell indemnizacións. Isto causoulle conflitos co goberno e coa Shell, sendo encarcerado en varias ocasións.
En 1994 asasinan nunha manifestación na rúa catro xefes Ogoni. Saro-Wiwa é arrestado de novo, xunto con oito compañeiros culpados por incitación á violencia. Xulgouno un tribunal militar especial, e foi acusado de complicidade neses asasinatos sen posibilidade de defensa. Sentenciárono a morte e posteriormente aforcárono o 10 de novembre de 1995 en Port Hacourt cos sus compañeiros Ogoni.
[editar] Ligazóns externas
Category: