Premios Nobel Alternativos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Premios Nobel Alternativos, en inglés Right Livelihood Award, entréganse desde 1980 grazas ao filatelista Jakob von Uexkull, e preséntanse anualmente no Parlamento Sueco, o 9 de decembro, para homenaxear e apoiar aquelas persoas que "traballan na busca e aplicación de solucións para os cambios máis urxentes que precisa o mundo actual". Un xurado internacional decide o premio en ámbitos como Protección Medioambiental, dereitos humanos, desenvolvemento sostíbel, saúde, educación, paz, etc. O premio monetario repártese entre os gañadores, que normalmente son catro, e chega a un total de 230.000 dólares.
Os Premios Nobel Alternativos ou RLA pretenden estar relacionados cos Premios Nobel, por exemplo, escollen a súa cerimonia o día antes dos Premios Nobel. Na súa páxina web, eles fan comparanzas cos Premios Nobel, e tamén amosan diagramas. Véxase: [1]
Algúns premiados foron: Helena Norberg-Hodge, Plenty International, Bill Mollison, Wes Jackson, George Trevelyan, Petra Kelly, Wangari Maathai, Robert Jungk, movemento Chipko, Survival International, Edward Goldsmith, Vandana Shiva, Astrid Lindgren, Juan Garcés, Leonardo Boff, Johan Galtung, Asghar Ali Engineer, Walden Bello, Frances Moore-Lappé, Memorial Society, Mordechai Vanunu, Manfred Max-Neef, Bianca Jagger, David Lange, Maude Barlow, Ken Saro-Wiwa, Roy Sesana e outros. lista completa.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Right Livelihood Award - Páxina oficial
- Jakob von Uexkull - Fundador