Keylogger
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un keylogger pode ser tanto un programa informático como un dispositivo hardware que serve para rexistrar as pulsacións que se realizan no teclado e gardarlas nun ficheiro (log). Logo pode verse ese ficheiro e averiguar que teclas foron premidas, en que programa, e a que hora. Algúns keyloggers permiten o envio dos logs por email.
Os keyloggers veñen existindo desde MS-DOS, cando os comandos que se introducian quedaban rexistrados.
[editar] Perigos que conleva
Un keylogger pode ser unha seria ameaza para a privaciade dos nosos ordenadores, ademais de que pode captar datos importantes, como contrasinais ou información confidencial. Por este motivo calquera anti-virus ou anti-spyware actual identificará a calquera keylogger como unha ameaza e eliminaraa se lle damos consentimento.
Aínda así os keyloggers poden ser unha ferramenta útil, por exemplo se borramos un documento escrito podemos recuperar o texto mirando o log do keylogger, tamén pode servir para controlar as actividades dos rapaces pequenos cando están en internet, etc.
[editar] Ver tamén
- Cabalo de troia
- Spyware
[editar] Enlaces externos
- Keylogger
- Perfect Keylogger - Un dos keylogger máis famosos, existe unha versión gratuíta.
- Keylogger Hardware USB