Klaus Kinski
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Klaus Kinski (Zoppot, Polonia, 18 de outubro de 1926- Lagunitas, California, 1991) foi un actor alemán de ascendencia polaca famoso pola súa contundencia e expresividade diante das cámaras.
Índice |
[editar] Biografía
Nado coma Nikolaus Günther Nakszynski, o seu pai era un farmacéutico de ascendencia polaca chamado Bruno Nakszyński e a súa nai unha ama de casa chamada Susanne Lutze. Con catro anos a familia trasladouse de Danzig a Berlín. Coa explosión da Segunda Guerra Mundial uniuse ó exército alemán e foi destinado a Holanda, onde cau prisioneiro de guerra polos británicos. Pasou a maior parte da guerra naquel campo e foi alí onde descubriu o seu talento para a interpretación, actuando para os demais presos. Rematada a contenda, regresou á súa Alemaña natal e comezou a actuar en pequenos papeles para o teatro, aínda que se decantaría pola gran pantalla onde estaba mellor remunerado económicamente. Pese a que nun primeiro momento aceptase pequenos papeles a súa gran oportunidade chegou da man do director Werner Herzog para a película Aguirre, a cólera de Deus (1971) onde daba vida a un explorador español lunático e obsesivo na procura de El Dorado. Daquela colaboración xurdiu unha relación entre Werner e Kinski que remataría quince anos despois coa película Cobra Verde (1987) debido ás numerosas discusións e tensións entrambos. Pese a todo, algunhas das películas en común coma Aguirre, a cólera de Deus, Woyzcek, Nosferatu, a pantasma da noite e Fitzcarraldo son consideradas polos críticos coma obras mestras do cine europeo. Fora das pantallas era considerado un maníaco sexual, violento e temperamental aínda que un traballador nato e moi perfecionista co seu traballo. Casou tres veces e ten recoñecidos cinco fillos, tres deles actores na actualidade. Logo de rompe-la relación con Werner, asumiu a dirección e interpretación na película biográfica Paganini (1989). Tres anos depois morrería dun ataque ó corazón ós 65 anos e ninguén salvo o seu fillo Nanhoï acudiu ó funeral e ó esparcemento das cinzas.
[editar] Trivia
- Publicou unha biografía oficial chamada Klaus Kinski: Todo o que preciso é amor onde atacaba á industria cinematográfica polo que tivo problemas legais para que saíse á luz. Ademais do cine, Klaus relataba presuntos episodios de incesto na súa familia e demais escándalos sexuais. En 1997 sería reeditado baixo o nome de Uncut con material inédito e descartado polo propio Kinski na primeria edición do libro.
- As discusións entre Herzog e Kinski tornábanse tan violentas durante as rodaxes que en máis dunha ocasión ameazáronse con matarse.
- Foi pai da actriz Nastassja Kinski.
- Algúns críticos exprican o comportamento de Kisnki a través da metodoloxía empregada por moitos directores alemáns da época de abusar psicolóxicamente dos actores para obter un mellor rendemento no escenario.
- Nunha ocasión durante a rodaxe de Aguirre disparou contra un figurante porque lle amolaba o ruído que facían xogando ás cartas.
[editar] Citas
- "Véndome polo prezo máis alto. Así é. Coma unha prostituta".
- "Un só debería ser xulgado polas súas depravacións. As virtudes son falsas. As depravacións reais".
- "Eu sería mellor que Adolf Hitler. Podería facer chegar os seus discursos moito mellor. Iso é certo".
- "Non son o Xesús da igrexa oficial tolerado polo poder. Non son a túa superestrela".