Kylie Minogue
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kylie Minogue | |
---|---|
Kylie nun concerto da xira "Showgirl"{{{caption}}} |
|
Orixe | Melbourne |
País | Australia |
Período | 1988 - Actualidade |
Xénero(s) | Dance - Pop |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | Kylie Minogue |
Antigos membros | |
Web oficial | www.kylie.com |
Kylie Minogue é unha cantante de música pop australiana, que conseguiu vender en toda a súa carreira máis de 100,000,000 de discos en total.
Is Kylies management criminal... YES IT IS!!!
Have you information over the arson from 10.09.2005 or criminally activies from TerryBlameyManagement please call the number from the police in Germany: +49-221-229-2290
Or write a mail in English to: andreas.kossiski@koeln.polizei.nrw.de
The arson number by the police is: 90 UJs 1352/05
At this time no promotion and releases worldwide!!!
http://i157.photobucket.com/albums/t72/Strania/arson10_09_2005B_without.jpg
http://i157.photobucket.com/albums/t72/Strania/arson10_09_2005A_without.jpg
Naceu o 28 de maio de 1968, en Melbourne, Australia, no seo dunha familia dedicada ao teatro, o que lle levou nos seus inicios a participar en varias series da televisión australiana. O seu principal traballo foi na serie "Neighbours", unha das de maior éxito naquel país. Mentres traballaba nesta serie, xurdiulle a oportunidade de gravar un o tema "The Loco-Motion", para Mushroom Records. O resultado foi tan bo, que editaron un sinxelo que saíu á venda e o tema permaneceu durante sete semanas como número un das listas australianas.
Alcanzou a fama a finais dos anos 80 como resultado do seu papel na serie de televisión australiana "Neighbours" (Veciños), antes de comezar a súa carreira como cantante pop e artista. A súa irmá, Dannii Minogue, tamén é cantante. Logo de asinar un contrato cos compositores e productores discográficos Stock, Aitken e Waterman, Minogue conseguiu unha cadea de éxitos a nivel internacional, pero a súa popularidade empezou a declinar a comezos dos anos 90, levándoa a separarse da compañía de Stock, Aitken e Waterman en 1992. Durante varios anos intentou establecerse como intérprete e compositora independente, distanciándose dos seus traballos iniciais. Durante esta etapa de exploración persoal, colaborou coa banda australiana Nick Cave & The Bad Seeds con la canción "Where the Wild Roses Grow", que tivo gran éxito en Australia.
No ano 2000, volveu á popularidade como artista dance-pop. Co seu regreso ao número 1 das listas co seu sinxelo "Spinning Around" e a súa presentación nas Olimpiadas do 2000, Kylie e Madonna convertéronse nas únicas cantantes femininas en ter números 1 nos anos 80, 90 e 2000.
En Australia ostenta o récord de maior número de entradas de concerto vendidas por unha intérprete feminina, e foi a única en colocar nove singles no posto número un das listas australianas. No ano 2002 o seu álbum "Fever" chegou a multi-platino mundial e levou a cabo o seu tour "KylieFever2002".
No ano 2003 Kylie regresou con novo álbum; despois do sinxelo "Slow", o álbum chegou a vender máis de 2 millóns de copias. En 2004 gañou o Grammy na categoría 'Best Dance Recording' pola súa canción "Come Into My World".
Para celebrar 17 anos de carreira musical Kylie sacou á venda "Ultimate Kylie" unha compilación coas cancións que marcaron a súa carreira durante as últimas 2 décadas.
Índice |
[editar] Discografía
[editar] Albumes
- 1988 Kylie
- 1989 Enjoy Yourself
- 1990 Rhythm of Love
- 1991 Let's Get to It
- 1994 Kylie Minogue
- 1997 Impossible Princess
- 2000 Light Years
- 2001 Fever
- 2003 Body Language
- 2005 Ultimate Kylie
- 2007 ShowGirl Homecoming Live In Sydney
- 2007 TBR
[editar] Singles
- 1987 "Locomotion"
- 1987 "I Should Be So Lucky"
- 1988 "Got to Be Certain"
- 1988 "The Loco-Motion"
- 1988 "Je Ne Sais Pas Pourquoi"
- 1988 "Especially for You" con Jason Donovan
- 1988 "Turn It into Love"
- 1988 "It's No Secret"
- 1989 "Hand on Your Heart"
- 1989 "Wouldn't Change a Thing"
- 1989 "Never Too Late"
- 1989 "Do They Know It's Christmas?" - con Band Aid 2
- 1990 "Tears on My Pillow"
- 1990 "Better the Devil You Know"
- 1990 "Step Back in Time"
- 1991 "What Do I Have to Do?"
- 1991 "Shocked"
- 1991 "Word Is Out"
- 1991 "If You Were with Me Now" con Keith Washington
- 1991 "Keep on Pumpin' It" con The Visionmasters
- 1992 "Give Me Just a Little More Time"
- 1992 "Finer Feelings"
- 1992 "What Kind of Fool (Heard All That Before)"
- 1992 "Celebration"
- 1994 "Confide In Me"
- 1994 "Put Yourself In My Place"
- 1995 "Where Is the Feeling?"
- 1995 "Where the Wild Roses Grow" con Nick Cave
- 1997 "Some Kind of Bliss"
- 1997 "Did It Again"
- 1998 "Breathe"
- 1998 "Cowboy Style"
- 1998 "GBI: German Bold Italic" con Towa Tei
- 2000 "Spinning Around"
- 2000 "On a Night Like This"
- 2000 "Kids" with Robbie Williams
- 2000 "Please Stay"
- 2001 "Your Disco Needs You"
- 2001 "Can't Get You out of My Head"
- 2002 "In Your Eyes"
- 2002 "Love at First Sight"
- 2002 "Come into My World"
- 2003 "Slow"
- 2004 "Red Blooded Woman"
- 2004 "Chocolate"
- 2005 "I Believe in You"
- 2005 "Giving You Up"
- 2005 "Over the Rainbow" - Single Downloads
- 2005 "Sometime Samurai" con Towa Tei [Japón solo]
- 2007 "White Diamonds" - TBR
[editar] Ligazóns Externas
- Páxina web oficial (en inglés)