New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
User talk:Lameiro - Wikipedia

User talk:Lameiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Lameiro. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 26 febreiro 2007 (UTC)

Índice

[editar] Re: Nome de sección

Ola Lameiro. Tes razón que cómpre mellorar a axuda e crear máis materiais. Con respecto ás seccións créanse cos signos igual. Segundo o número de signos igual que se poñan diante e detrás do texto da cabeceira o tamaño sera maior ou menor. Se a sección se chámase Cultura popular terías que escribir o seguinte: ==Cultura popular==, ou ben ===Cultura popular=== e así sucesivamente. Cando o número de cabeceiras chega a tres, no principio do artigo xérase un índice automaticamente. En canto ao nome máis apropiado neste momento non se me ocorre nada mellor, comenteino con Beninho e suxeriu ===Nome do artigo na cultura popular===. Pódese comezar cun título de sección provisorio e cando se atope un mellor trocalo, hai medios para facelo automaticamente sen traballo. Outra cousa, a mensaxe sobre os dereitos de autor que un IP puxo na Taberna do Galizionario é túa? Só o pregunto para preparar a resposta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:02, 1 marzo 2007 (UTC)

Poden automatizarse dun xeito sinxelo as modificacións de textos que se repiten, noutros resulta máis complicado dependendo do tipo de troco. Se houbera que mudar a cabeceira que escollas xa veriamos cal dos sistemas sería apropiado. Con respecto ao dos dereitos de autor non vin a resposta, poño aquí o artigo da Lei de Propiedade Intelectual que se refire a ese tema:

Artículo 13.-Exclusiones
No son objeto de propiedad intelectual las disposiciones legales o reglamentarias y sus correspondientes proyectos, las resoluciones de los órganos jurisdiccionales y los actos, acuerdos, deliberaciones y dictámenes de los organismos públicos, asi como las traducciones oficiales de todos los textos anteriores.

Se os textos corresponden a algún deses apartados poden usarse libremente, o que sería útil a efectos de identificación da orixe é que no campo resumo da páxina de edición da entrada poñas algunha indicación que permita localizar a fonte orixinal. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:08, 1 marzo 2007 (UTC)
A licenza da Wikipedia implica que os textos que se publiquen permitan obras derivadas, por exemplo unha tradución é unha derivada (Articulo 11.-Obras derivadas. Sin perjuicio de los derechos de autor sobre la obra original, también son objeto de propiedad intelectual: 1º Las traducciones y adaptaciones. 2º Las revisiones, actualizaciones y anotaciones . 3° Los compendios, resumenes y extractos . 4° Los arreglos musicales . 5° Cualesquiera transformaciones de una obra literaria, artistica o cientifica .) Se te fixas no artigo 13 da resposta anterior di que non son obxecto de propiedade intelectual "las traducciones oficiales de todos los textos anteriores". Outra das condicións da licenza da Wikipedia e que se permite uso comercial dos contidos. Polo tanto, se un texto está baixo unha licenza libre que non permite uso comercial non pode publicarse na Wikipedia. Na miña opinión a resposta que che deron non responde realmente ao que preguntabas. Certo que fala do BOE, un documento oficial ao que se lle aplica o artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual, pero fai referencia as condicións de uso do sitio web en Internet do BOE que é algo diferente. Se aplicasemos o que di esa resposta ese material non poderia publicarse na Wikipedia. O aviso legal pon: "Queda autorizada la reproducción de dichos contenidos para uso propio y la comunicación pública de los mismos siempre y cuando no se cobre por ello." Resalto en negriña a condición incompatible coa Wikipedia, non obstante o artigo 13 si permite a súa publicación. Isto que vou dicir agora é unha interpretación e non ten ningún valor legal, a miña interpretación é que ese aviso só se refire ás condicións de uso do web, tamén existe noutros webs oficiais como o do Tribunal Supremo e é unha cláusula de salvagarda fronte aqueles que intenten descargar a base de datos e republicala facendo uso comercial. Nese caso entran en xogo outras cuestións legais referidas ás bases de datos. As condicións aplicables ao DOG son as mesmas que o resto de documentos do artículo 13. En canto aos documentos da UE non me lembro das normas que son aplicables tería que comprobalas antes de pronunciarme. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:28, 1 marzo 2007 (UTC)

[editar] Re: Trazabilidade

Esta noite revisareino. Tamén mirarei o tema da categoría. Para poñela escríbese [[Category:Nome_da_categoría]] na parte inferior da páxina. Algunhas ramas de categorías xa existen e outras aínda están por crear. Como dicía pola noite botarei unha ollada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:50, 5 marzo 2007 (UTC)

  • Pois daquela case vou movelo. Tes razón ti con respecto ás posibilidades de éxito; eu, aínda que se supón que teño unha parte de lingüista, non levo comisión cunha ou coa outra solución. Vouna mover, e en todo caso quedará a outra como redirección.--Xabier Cid 20:19, 5 marzo 2007 (UTC)
  • Por imprevistos non puiden cumprir co que dixen arriba pero non o esquezo. Fareino en canto poida. Desculpa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:42, 7 marzo 2007 (UTC)

[editar] Homónimos

[editar] Axuda

Son perfectamente consciente do problema que tes coa axuda. Tes toda a razón do mundo, e a min tamén me pasa con cousas que sei que están nalgún lugar da axuda e que ás veces non dou atopado. Por iso desde hai un tempo estou tentando mellorar a sección de axuda. Un dos problemas é, precisamente, que, despois de tanto tempo aqui, perdin a perspectiva do usuario novo. Por iso che agradecería que me contases todos os problemas que atopas coa axuda, a ver como se pode mellorar. Tamén axudaría que comentases que, por exemplo, para buscar axuda sobre o tema X tiveches que ir primeiro a Y, logo a Z e logo a W. Así veríamos como mellorar todo. Grazas por consultar e por non te desanimares! --Xosé (✉) 20:59, 7 marzo 2007 (UTC)

Benvido(a) Lameiro á Galipedia: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Se tes dúbidas consulta:

Tes a Taberna de Galipedia, onde podes pór as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios.

Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de discusión, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Así mesmo, non esquezas asina-las mensaxes que deixes nas páxinas de discusión (con ~~~~).

Boa estadía e bo traballo

  • Ola, Pedro, como vai?. Benvido a este proxecto de voluntariado, espero que o pases ben colaborando. Xa che puxen a etiqueta "enuso" no artigo ameixa, molusco, para que non cho modifique ninguén mentres estás traballando nel. Cando o deas por finalizado, xa lla quitas. Non sei se as imaxes da consellería as poderás usar, mais supoño que normalmente nas consellerías usan imaxes con dereitos de autor. Eu usaría imaxes de Commons, onde a grande maioría se poden usar. En Commons [[1]] poñendo clam aparecen unhas cantas. Recibe un cordial saúdo, e moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 18:53, 8 marzo 2007 (UTC)
  • Ola, Pedro. Xa vexo que andas traballando ben en artigos sobre ameixas, e ven moi ben na Galipedia. A pregunta das imaxes non a entendín ben e trasladeilla a Prevert, igual che responde el algo, e ademais controla moito de imaxes e do resto. Penso que nos artigos xa sabes como indicar o tamaño das imaxes: con |200 px| tes un tamaño e con |250 px| a imaxe vai ser máis grande.
  • Canto á pregunta de léxico, o dicionario Estravís (dicionario non "oficial") admite charneira, e o portugués tamén (significando unión das valvas na concha, e tamén bisagra), e curiosamente vén do francés (así que castelanismo non é, en tal caso galicismo). Mais realmente o Gran Xerais tráeno en letra pequena, non con asterisco, mais ao parecer non recomendábel de maneira oficial a día de hoxe. Eu descoñezo se ten uso real nos falantes galegos, mais se o ten, non me parecería mal o seu emprego nin a súa admisión no VOLGa. De todas formas, hai páxinas galegas "oficiais" que usan este vocábulo, como o consello regulador do mexillón -[[2]]- e incluso o DOGa -[[3]]-, polo que non me parece incorrecto o seu uso. Recibe un moi cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 18:15, 10 marzo 2007 (UTC)

[editar] Desculpas (canal)

Síntoo, Lameiro, entendín mal a frase. Pensei que se refería a 'canal de distribución': estaba mudando todos os 'canal' que tiñan ligazón, e que mandaban a unha xenérica dedicada a "canal como elemento do proceso comunicativo". Creei a páxina de homónimos e funas distribuíndo (as canles) e os canais. E como fixen tantas e era tan tarde metín a pata ata o fondo (espero que só nesta). Vou crear unha páxina de canal (homónimos) réplica de canle, quitándolle os topónimos e engadindo este significado. Desculpas. --Xabier Cid 11:36, 11 marzo 2007 (UTC)

  • Xa o corrixín, pero agora, revisando o teu texto, non estou moi seguro de que esa acepción de 'canal' no artigo sobre Etiquetaxe se refira a 'canal' de corte de carne ou a 'canal' de vía de dstribución, é dicir, cal é a cabana, quen o gandeiro, onde se sacrificou... Podes aclarar iso? --Xabier Cid 11:46, 11 marzo 2007 (UTC)
    • Non acabo de entender a túa dúbida. A ver se o explico paso a paso (e perdoa a extensión).

Unha vez sacrificado, esfolado e eviscerado o animal de abasto no matadoiro, a operación remata coa preparación da “canal” para a venda ás cortadorías ou a unha industria cárnica. Córtanse as patas (polas articulacións do carpo e tarso), a cabeza e boa parte do rabo, elimínanse os acúmulos de graxa abdominal, extraense riles, ubres, testículos, restos de grandes vasos sanguíneos (adheridos á columna vertebral) e lávase (para eliminar restos de sangue, frgmentos óseos, etc.). O que nos queda é o que se define como “canal” e pasa a unha cámara frigorífica para sufrir unha fase (dunhas 24 horas) de aireo e maduración da carne. No vacún, faise previamente unha división da canal en dúas medias canais e, normalmente, cada unha delas, á súa vez, en dous cuartos, de modo que nos quedaría o animal dividido en catro grandes trozos. No porcino só se fai esa primeira división en dúas medias canais e no ovino adoita ir a canal enteira.

O conxunto de todas estas operacións de preparación da canal recibe os nomes de “formación da canal” ou “carnización”. Ás veces, tamén “faenado”, aínda que isto abarca normalmente desde o momento da sangría ata te-la canal limpa e disposta á venda.

Rematada a fase de maduración da carne, expídese na forma que acorden cliente e matadoiro, de modo que a unidade comercial (canal, medias canais, cuartos de canal) sérvese á cortadoría, á sala de despece ou á industria cárnica que a solicite. A definición da canal (enteira ou fraccionada) está absolutamente normalizada e detallada, como mínimo desde 1975, en normas de calidade oficiais estandarizadoras, co obxectivo de que tódolos sectores da carne (desde o matadoiro ó cortador) teñan criterios comúns para denominar e identifica-las pezas e as súas calidades. Agrupacións de carniceiros ou organizacións coma “Ternera Gallega” tamén teñen propostas normalizadoras para o despece.

A cortadoría adoita recibi-la carne baixo unha desas formas descritas, aínda que cada vez máis está chegándolle xa despezada. O cortador divídeas en pezas ou “cortes”: redondo, man, lombo, croca, folla branda, folla dura, xarrete, etc, etc., que expón na súa vitrina e vai vendendo a carne polo miúdo ás clientas.

Na venda de carne na cortadoría estamos nun caso de venda de alimentos non envasados, e a súa etiquetaxe é específica. A crise das vacas tolas e a necesidade de asegura-la trazabilidade “desde a granxa á mesa” fixo que se regulase o contido mínimo obrigatorio da etiqueta da carne fresca (de vacún): identificación da canal de procedencia (nº de canal, xa que tódolos animais posúen un número de identificación particular) e identificación do matadoiro de procedencia (o seu nº rexistro sanitario). Por outra banda, outra norma específica obriga a incluí-la denominación comercial da peza de carne de que se trate (agulla, lombo, croca, etc.), pero isto último case ninguén o cumpre.

É dicir, que nesa etiqueta que podemos ver sobre ou xunto a peza de carne exposta á venda, o que se identifica é a canal física (o nº de canal da que se cortou esa peza). Con ese dato podemos seguir a “canal de distribución” –iso é precisamente a trazabilidade dos alimentos- e coñecer de qué matadoiro vén e qué día se sacrificou a res. E no matadoiro, con ese número de canal, tense que poder chegar ó “documento de identificación bovina” que acompañou ó animal desde que naceu, e así sabe-la súa idade, onde naceu e onde medrou, a granxa onde se cebou, etc, etc. En resume, que a partir do nº de canal indicado na etiqueta ['canal' de corte de carne] deberiamos chegar a coñece-la súa distribución ['canal' de vía de dstribución], pero sonche cousas distintas.

Podes ler máis información ó respecto en http://www.invac.org/vacuno/trazabilidad.asp e http://www.ocu.org/map/src/193441.htm

Xa ves. Con isto xa case teño feito o artigo "canal".

Saúdos, Pedro --Lameiro 14:20, 11 marzo 2007 (UTC)

  • Pois abofé que si. E as miñas dúbidas resoltas. Bravo artigo, pero eu mudaría o de clientas ;). Tamén estaría ben facer unha serie de artigos para describir cada unha das pezas (en que se diferencia a agulla do lombo, etc.). Eu creeino en canal (alimentación). --Xabier Cid 21:35, 11 marzo 2007 (UTC)

[editar] Mensaxes

Como algunhas mensaxes estaban na túa páxina de usuario no canto de estar aquí xunteinas todas nesta páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:20, 11 marzo 2007 (UTC)

[editar] Re:¿mosca ou abella?

Respondín en Talk:Abella. Eu só fago fotos. Non teño nin idea de moscas, abellas, insectos,... Se podes axudar na clasificación agradézocho. Se cres correcto retirar as fotos, retíraas. Conviría, se podes, editar as fotos e engadir cando menos que non son abellas (se estás seguro) ou clasificar o que son na medida do posible. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 16:59, 14 marzo 2007 (UTC)

Acabo de ver que outras das imaxes da páxina Abella están en Commons como moscas: Commons:Flies_of_Galicia e non como abellas (cf. Eristalis tenax). Parece necesario retiralas, pero sería preferible que o fixese alguén que entenda do asunto--Lmbuga Commons - Galipedia 17:02, 14 marzo 2007 (UTC)

[editar] Cuncha

Perdoa o retraso, estiven ausente da Galipedia uns días. Corrixín dúas imaxes o resto pareceume que estaban ben, non sei cal é a que falta retocar. Inclúo unha pequena explicación sobre como engadir parámetros ás imaxes. Co parámetro thumb o sistema crea unha miniatura da imaxe, se non se pon ese parámetro a imaxe móstrase no seu tamaño orixinal. Con framed non se reduce o tamaño. Podes usar thumb combinado cun tamaño en píxeles (por exemplo 300px) para variar o tamaño predeterminado en thumb. Se escribes [[Image:Nome da imaxe.extensión|thumb|300px|Descrición da imaxe]] o tamaño será 300 píxeles (por suposto, son posibles outros valores). En canto á imaxe Shell On sand.jpg habia un erro cunha maiúscula, o nome correcto é Shell On Sand.jpg. Grazas polo teu traballo en favor da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:24, 16 marzo 2007 (UTC)

[editar] Teo

Ola, fixen varios cambios no artigo do concello de Teo. Os concellos non levan máis que o seu nome no título, por iso desfixen a redirección de Teo á Teo, concello. A páxina de homónimos que creaches agora é Teo (homónimos). Un Saúdo. --BaNjO talk 14:28, 18 marzo 2007 (UTC)

  • Ola de novo. Non te preocupes, eu tamén son dos novos e tamén cometo bastantes erros coma todo o mundo. Segue co bó traballo, se necesitas calquer cousa por aquí estarei. Un saúdo --BaNjO talk 15:17, 18 marzo 2007 (UTC)
  • Ola outra vez máis :). O Template:Taxobox non funcionaba xa que aquí na galipedia os templates para as clasificacións taxonómicas son diferentes. Non hay un só, son varios que se combinan. Se miras o artigo Teo (enfermidade) podes ver o resultado. De todas formas non son o mellor para este tema, unha porque non teño casi idea de bioloxía, e outra porque ata aora nunca empregara estes modelos. O autor deses templates foi User:Xosé, él ou algún dos outros administradores seguro que che sabe responder mellor neste tema. Para calquer outra cousa xa sabes donde estou. Un Saúdo. --BaNjO talk 12:44, 19 marzo 2007 (UTC)

[editar] Biotoxina

O problema do tamaño das imaxes é debido a que usaches conxuntamente framed con thumb. Framed produce unha imaxe no seu tamaño completo mentres que thumb é a que produce a miniatura no tamaño co parámetro número de píxeles . Polo tanto cando uses thumb debes evitar usar framed. Con respecto á posición do texto en relación coa imaxe a cousa é máis complicada, porque hai que facer diversas consideracións. Pode conseguirse pero dependendo do caso pode implicar algún tempo de traballo. En canto á busca de imaxe, polo de agora o sistema non funciona dese xeito, os materiais poden atoparse pola busca directa, pola clasificación alfabética, pola clasificación en categorías, mediante as ligazóns incluídas nos modelos (templates), desde o apartado véxase tamén, mediante as galerías,... O sistema de eiquetas (tags) ou o uso palabras clave non está dispoñible neste momento. Todo isto refírese á busca desde o software da Wikipedia MediaWiki, a busca desde un motor de busca externo depende das carcterísticas do buscador (quizais poidamos pensar algunha solución para "axudarlle" ao buscador). Sobre a clasificación en categorías a rama na que estas traballando está por desenvolver así que todo o que se adiante benvido sexa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:18, 21 marzo 2007 (UTC)

[editar] Lugares do Grove

Ola Pedro. É moi útil coñecer onde fallamos, así que a as túas indicacións sobre o que nos falta na axuda son moi boas para ampliar as páxinas de axuda nun futuro próximo. A continuación paso a explicar o xeito en que facemos os marcadores dos lugares das parroquias:

  • O nome do marcador fórmase con lp e o nome da parroquia, lp significa lugaresparroquia, o nome da parroquia é o oficial do nomenclátor da Xunta. Dese xeito os lugares da parroquia do Grove inclúense na páxina co modelo {{lp O Grove}} e os de San Vicente do Grove con {{lp San Vicente do Grove}}.
  • Pasemos a analizar o contido do primeiro marcador {{lp O Grove}}:
Este é o aspecto:
Lugares da parroquia do Grove no concello do Grove (provincia de Pontevedra)

Ardia | Boibas | Borreiros | Campos | Cantodorxo | A Carballeira | O Con | Estonllo | A Graña | O Grove | Meloxo | Os Pardiños | O Porto de Meloxo | Terra de Porto | Toxa | A Viña de Millán | Virxe das Mareas |

E este é o código:
{| id="toc" style="margin: 0 2em 0 2em;" ! style="background:#ccccff" align="center" width="100%" |Lugares da parroquia do [[O Grove, O Grove|Grove]] no concello do [[O Grove|Grove]] ([[provincia de Pontevedra]]) || |- |align=center| [[Ardia, O Grove, O Grove|]] | [[Boibas, O Grove, O Grove|]] | [[Borreiros, O Grove, O Grove|]] | [[Campos, O Grove, O Grove|]] | [[Cantodorxo, O Grove, O Grove|]] | [[A Carballeira, O Grove, O Grove|]] | [[O Con, O Grove, O Grove|]] | [[Estonllo, O Grove, O Grove|]] | [[A Graña, O Grove, O Grove|]] | [[O Grove, O Grove, O Grove|]] | [[Meloxo, O Grove, O Grove|]] | [[Os Pardiños, O Grove, O Grove|]] | [[O Porto de Meloxo, O Grove, O Grove|]] | [[Terra de Porto, O Grove, O Grove|]] | [[Toxa (Illa da), O Grove, O Grove|]] | [[A Viña de Millán, O Grove, O Grove|]] | [[Virxe das Mareas, O Grove, O Grove|]] | |}<noinclude>[[Category:Caixas de lugares do Grove]]</noinclude>
  • Vexamos agora o que significa cada cousa:
É unha táboa que no código wiki ábrese con {| e péchase con |}.
Na primeira liña temos indicado que aspecto vai ter (borde, cores, marxe, espazo que ocupa,...) id="toc" style="margin: 0 2em 0 2em;" ! style="background:#ccccff" align="center" width="100%", iso non muda no conxunto dos marcadores referidos a lugares.
A continuación temos o texto que encabeza o marcador Lugares da parroquia do [[O Grove, O Grove|Grove]] no concello do [[O Grove|Grove]] ([[provincia de Pontevedra]]) Aí modificamos o nome da parroquia, o concello e a provincia á que pertence.
Despois dun pequeno código que indica o contido centrado (align=center) vén o contido do marcador, cada lugar ten o formato lugar, parroquia, concello, sendo esa a ligazón e visualizando exclusivamente o nome do lugar. No caso de Ardia é [[Ardia, O Grove, O Grove|]] (Ardia = lugar, O Grove = parroquia, O Grove = concello). Xusto antes de pechar o enlace (]]) podes ver que está escrito o caracter |, iso estalle dicindo ao software da Wikipedia MediaWiki que na visualización presente a primeira das palabras do enlace (neste caso Ardia). O segundo signo |, o que aparece entre os enlaces só é un separador.
Ao final temos o código <noinclude>[[Category:Caixas de lugares do Grove]]</noinclude>, <noinclude> é unha etiqueta que usa MediaWiki para non incluír o contido na páxina na que se poña o marcador. Neste caso a categoría [[Category:Caixas de lugares do Grove]] clasifica o marcador nas Caixas de lugares do Grove pero non se insire na páxina na que se poña o marcador.

Segundo os criterios seguidos para lugares, parroquias e concellos ás veces poden aparecer ligazóns do tipo O Grove, O Grove ou O Grove, O Grove, O Grove (segundo o caso pode ser preciso un tratamento particular desa situación). Outra cousa, ata agora non se teñen producido casos de homónimos coas parroquias (a efectos do nome do marcador) pero non descarto que poidan producirse. Para calquera aclaración non tes máis que deixarme unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:36, 1 abril 2007 (UTC)

[editar] Taxonomía

Olá, boas noites. Como vexo que andas cos artigos acerca das lagostas e que tes feito outras cousas de bioloxía, permítome suxerirche que vexas os modelos de clasificación taxonómica que se están a usar nos artigos: Wikipedia:Modelo de Taxonomía. Talvez che poidan ser útiles. Un saúdo. --Xosé (✉) 23:45, 5 abril 2007 (UTC)

  • Xa sei que os modelos taxonómicos qye temos son moi, moi limitados e non teño a destreza para melloralos adecuadamente, de momento. Noutras wikipedias téñense refeito varias veces segundo ian aparecendo novas necesidades. Respecto a lagosta (crustáceo), o que aparece en vermello é porque ainda non existe, como sempre. Creei o modelo Template:Taxonomia-superclase e agora xa funciona. Sobre cada un dos taxons, ainda que deixei o que fixeras na sección Clasificación taxonómica, as ligazóns deben apuntar para, por exemplo, Animalia, Arthropoda, Mandibulata, etc, mellor que para Crustacea Pennant, 1777, por exemplo. Como imaxe puxen un marcador de imaxe faltante. O de sacar fotos da tele tampouco é aceptábel: é case equivalente a se gravases en video unha película e logo a distribuíses - a que non, verdade? Por último, unha das mellores maneiras de sacarlle unha foto a unha lagosta é ir a un restaurante e zampala (ofrézome para facer de modelo ;-). --Xosé (✉) 16:00, 6 abril 2007 (UTC)
    • Pois grazas polo teu traballo, pero a imaxe que puxeches é a dun bogavante, por iso a eliminei. Fíxate no caparazón liso, fronte ó caparazón espiñento da lagosta, á parte doutras diferencias, entre elas, as grandes pinzas do bogavante: esas cousas rosas que ves á dereita da imaxe e abaixo son gomas elásticas que lles poñen nas cetáreas e coas se lles suxeitan as pinzas para que non se coman unhas ás outras. A ver se mañá ou o luns paso por unha cetárea e lle saco unhas fotografías a algunha lagosta para cubrir ese cadro; mellor, unha dos dous bichos un ó lado do outro, para diferencialos. Comelos será outra cousa, pero todo se andará. Elimino tamén a sección "clasificación taxonómica" porque agora xa non ten sentido.
    • Outro tema: ó final do artigo hai un cadriño de Comons que enlaza con fotografías de ... máis bogavantes, o que vai dar lugar a confusión.
    • E remato coa imaxe que che dixen de telecinco: foi un volcado de pantalla da web. Vamos, como se fixeras unha fotografía dun paquete de tabaco para ilustrar un artigo. Unha pena non poder utilizala, porque é antolóxica.
    • Máis nada. Saúdos. Pedro --Pedro 17:37, 6 abril 2007 (UTC)
O erro da imaxe foi meu, collina de commons:Homarus (vía artigo lagosta en inglés). Un cordial saúdo.--Prevert(talk) 18:09, 6 abril 2007 (UTC)

[editar] Categoría Alimentación

  • Acabo de abrir unha discusión sobre o tema en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías. Como verás, hai outras discusións pendentes. Talvez queiras opinar tamén e axudar a fechalas. Un saúdo. --Xosé (✉) 18:39, 6 abril 2007 (UTC)

[editar] gastronómica

Ola un saúdo e benvido.

Tes toda a razón, o artigo decía de menor calidade sen mais polo que menor calidade moral ou doutro tipo non me cadraba, polo que optei por engadir o de alimenticia co interrogante por si era ese o sentido que lle querías dar. Claro está que non creo ter visto unha desas mouras e descoñezo o tema polo que concordo completamente co teu criterio. Parabéns polo teu traballo e ánimo con este proxecto.P.D. Non creo estar a perder o tempo lendo os teus artigos sobre todo coas boas aclaracións que fas; a todos nos gusta aprender do que non sabemos. Un cordial saúdo. --Lansbricae 23:12, 6 abril 2007 (UTC)

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu