Lauburu vasco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Lauburu Vasco ten a súa orixe segundo parece nas teorías vasco-cantabristas dos historiadores éuscaros entre os séculos XVI a XVIII nas que afirmaban que os antigos cántabros, que tan ferozmente convatiran o Imperio Romano, eran en realidade os devanceiros dos vascos. Aínda que o seu arraigo definitivo en Biscaia e Guipúscoa vén da obra de Enrique Flórez A Cantabria. Disertación sobor do sitio e extensión nos tempos dos romanos tivo na rexión dos cántabros, publicada en 1768 e da qué é herdeira o movemento forista do século XIX.
Estas teorias foron completamente desbotadas polos estudos históricos e se pasou á súa difusión no campo literario. Por medio de novelas pseudo-históricas e lendas ficticias. A Lenda de Aitor de Xosé Agustín Chaho ou Amaya. Os vascos do século VIII de Navarro Villoslada, son dous exemplos neste campo. A intención destes textos era avalar o movemento forista tratando de lle achegar lexitimidade dende o punto de vista histórico acorde aos seus postulados.
[editar] Nome
Aparece a súa proposta de lábaro, o lauburu. Apoiándose nas verbas "lau" que significa catro e " buru" co significado de cabeza, buscouse un símbolo no que aparecesen estas características, un dos moitos motivos astrales de orixe preromana indoeuropea e que se conservan no norte de España como motivo ornamental. Son moitos os autores e investigadores da cultura vasca que tratan a orixe ancestral e milenaria deste símbolo, aínda que recoñecen que non se atopan en Euzkadi restos ou achados do mesmo até o século XVI.
[editar] Forma
A súa forma semella vagamente a hélice dun barco moderno e pasou a ser un "símbolo vasco", sendo adoptado polo forismo coma unha forma máis da cultura vasca. Cando Sabino Arana perfila o moderno nacionalismo vasco, na década de 1890, foi un firme defensor deste símbolo, usándoo ademais como exemplo de que os vascos no pasado rendían culto ao Sol.(Primeiro número da revista "Euzkadi")