Le pacte des loups
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Le pacte des loups é unha película de ficción basada nos feitos históricos referentes á Bestia do Gévaudan.
[editar] Argumento
Rexión do Gévaudan (sur de Francia), ano 1766. Xa fai dous anos que unha bestia ten aterrorizada ás xentes da zona, cos seus ataques a persoas, en especial mulleres e nenos. As xentes falan dun lobo de colosal tamaño, quén sabe si un dragón... incluso se fala do Demo.
As noticias destes crimes inexplicables acaban chegando á Corte, a oídos do rei Luis XV de Francia, quen pon precio á súa cabeza. Moitas son as batidas que se organizan, e moitos son os lobos asasiñados, pero a Bestia segue cometendo as súas horrendas carnicerías...
O cabaleiro Grégoire de Fronsac, home culto e de mundo, naturalista que traballaba para o rei chega ó Gévaudan unha noite de outono ca misión de facer un retrato da Bestia, e eventualmente, disecala unha vez cazada. Pero non vén só: acompáñao Mani, un indio Mohawk que coñecera en Nova-Francia, durante a Guerra dos Sete Anos. Ambos serán recibidos en casa do Marqués de Apcher e o fillo deste, Thomas, fará gran amizade con eles, guiándoos nas batidas e acompañándoos nos salóns dos nobles da zona. Nestas reunións coñecerán os herdeiros dos Condes de Morangias (a familia máis poderosa do lugar), Marianne e Jean-François, apasionado da caza e das viaxes que perdeu un brazo en África.
Entre batidas e recepcións, chega o inverno, pero a Bestia non deixa de matar... Ata que Louis XV, farto ante a falta de resultados, decide enviar ó seu lugarteniente de caza, Antoine de Beauterne, quen mata un gran lobo que Grégoire de Fronsac debe disecar e enviar á corte, a pesar de estar plenamente convencido de que ésa non é nin con moito a bestia que están a buscar.
Grégoire de Fronsac é reclamado polo rei, quen lle prohibe volver ó Gévaudan; sen embargo, e respondendo ás peticións de Thomas de Apcher, desobedece para participar nuha derradeira batida, que Mani liderará, utilizando ancestrais técnicas chamánicas. Pero nada lles preparara para o que van vivir...
[editar] Ficha técnica
- Director: Christophe Gans.
- Productores: Samuel Hadida, Richard Grandpierre.
- Guión original, diálogos: Stéphane Cabel. Adaptado por: Cristophe Gans e Stéphane Cabel.
- Fotografía: Dan Laustsen.
- Música: Joseph Lo Duca.
Actores:
- Samuel Le Bihan: Grégoire de Fronsac.
- Mark Dacascos: Mani.
- Monica Bellucci: Sylvia.
- Jérémie Rénier: Thomas de Apcher.
- Jean Yanne: Conde de Morangias.
- Vincent Cassel: Jean-François de Morangias.
- Émilie Dequenne: Marianne de Morangias.