Liège
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liexa (francés, Liège; neerlandés, Luik) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia homónima. Ten uns 185.000 habitantes segundo o censo do ano 2005. Situada xunto a desembocadura do río Ourthe no Mosa, no leste do país. Está comunicada con Antuerpen polo Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana polo río Mosa.
Dende o século XV, a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no século XIX convertérase nun importante centro industrial, como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construcción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinería de azucre). Porto fluvial, un dos máis importantes de Europa Aeroporto en Bierset. Centro cultural dos valóns. Universidade fundada en 1817 e escolas superiores.
[editar] Historia
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de Liexa
- Liégeois (en francés) (en inglés)