Liño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liño | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Linum usitatissimum | ||||||||||||
![]() |
O liño é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence à familia das lináceas. Abranxe um certo número de subespecies, integradas por botánicos co nome de Linum usitatissimum L.. Componse basicamente de unha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e de unha substancia leñosa. Produz sementes oleaxinosas e a sua fariña é utilizada para cataplasmas de papas, usada para fins medicinais.
Índice |
[editar] Historia
Non se coñece a data e o local en que o home utilizou pola primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar tecido, nen cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés referese á perda de unha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal a sua importancia na vida das populacións. As cortinas e o Veu do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.
[editar] As Zonas de Plantio
Encóntranse hoxe en dia case exclusivamente na Europa. A Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores cualidades de liño.
[editar] Tipos
Plantanse tres tipos de liño:
- Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxteis;
- Da semente, para a obtención de óleo de liñaza; este é a base da pintura ao óleo.
- Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de óleo; foi desenvolvido para dar un rendimento suficiente de fibras e óleo.
[editar] O liño na Galiza
O liño é a fibra tradicional cultivada na Galiza e ainda que o seu cultivo case desaparece, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, nomeadamente por Adolfo Domínguez, pero a sua presenza segue a ser testemuñal.