Lingua algonquina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O algonquino é unha lingua do grupo algonquino que se fala en Canadá próxima ao Ojibwe, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.
Índice |
[editar] Distribución xeográfica
Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.
[editar] Falantes
Segundo o censo de 2001 había 1510 falantes, deles 1445 teñen o algonquino como lingua materna. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Québec hai 1435 falantes:
- Reserva de Lac Simon: 760 algonquino, 215 francés e 20 inglés.
- Reserva de Pikogan: 240 algonquino, 145 francés, 55 inglés e 10 inglés-francés
- Reserva de Kitigan: 270 algonquino, 645 inglés, 130 francés e 35 inglés-francés
- Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 35 francés
- Reserva de Winneway: 35 algonquino e 110 inglés
- Reserva de Timiskaming: 25 algonquino, 455 inglés e 40 francés
- Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 205 inglés e 15 francés
- Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
- Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes
En Ontario hai 65 falantes:
- Reserva de Pikwakanagan: 15 algonquino, 420 inglés e 10 francés
[editar] Ensino
O algonquino estúdase como materia en prescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.